Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
https://studiom77.com/single-wohnung-hamm/
Indispensables
Donde ...
Guia
VIA RáPIDA!???30-04-2007
Pensei, penso e pensarei que a Via Rápida é un roubo a man armada ós veciños do Morrazo, unha via de alta capacidade non se pode colapsar da maneira que se colapsa, sobre todo os fins de semana. Mentres no Salnés están facendo a autovía, nos tragamso ca Via Rápida, polo menos uns dez anos máis mínimo. Eu non digo que quixera unha autovia, pero de facer as cousas facelas ben. O morrazo ten preto de 90000 habitantes, mentres que a zona de Biona uns 15000, por que existe unha autpista naquela zona, e nos temos que "mamar co que temos (perdón pola expresión.

Non quero falar agora dos mortos e facer demagoxía barata falando dos centos de mortos, nas vias rápidas galegas. Paradóxicamente, no mesmo momento que nos estamos a plantexar, dende a Administración Central, como funciona o noso sistema de estradas, nos, Cangas, Moaña, Bueu e Marín temos que seguir loitando para que as nosas vilas estén mellor comunicadas con Pontevedra e Vigo, quizáis unha aposta polos meidos de transporte público, podría ser unha boa alternativa, unha liña de ferrocarril, podría evitar miles de desplazamentos cada día para ir o traballo.
ocioloxia.wordpress.com


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: VIA RáPIDA!???30-04-2007
A verdade que me parece unha boa idea, o de comunicar Vigo e a area metropolitana con un tren de cercanías por exemplo. Cantos miles de desplazamentos nos evitariamos todos os dias, a mais de descolapsar a cidade.
Moaña
RE: VIA RáPIDA!???30-04-2007
falouse dun metro baixo a ría, un proxecto perfectamente viabel...
RE: VIA RáPIDA!???30-04-2007
trankilo meu o da via rapida e normal.iso non so esta pasando aqui no morrazo,senon en moitos sitios da galiza e noutros sectores.16 anos do goberno do pp deron moito pra desfeita xeneralizada no noso pais.
hurko
RE: VIA RáPIDA!???30-04-2007
Si o do metro lixeiro tamén o escoitara, pero claro, quedou en nada, unha magoa, o tren de cercanias sería unha idea boa, dende o meu humilde punto de vista.

Teño constancia de que as vías rápidas do Salnés (en periodo de reconstrucción) e a Vía Rapida do Barbanza (que tamén ten moitas mortes no seu asfalto) están a ser moi criticadas polos sectores veciñais.

Non a pavimentación, si a inversión en I+D.
ocioloxia.wordpress.com
RE: VIA RáPIDA!???01-05-2007
mellor transporte marítimo, sen infraestructuras, e barcos toda a noite, o control de alcoholemia só ao patrón!!
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados