Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
https://shinjo-office.com/what-does-absolute-dating-means/
Indispensables
Donde ...
Guia
VIVENDA PROTEXIDA EN MOAñA????22-04-2007
Como pode ser que con todo o que se está construindo en moaña nos ultimos dez anos (O Rosal) e o que aínda está en proxecto non se creen vivendas de protección oficial???. ¿Teremos TODOS os xoves que ir vivir ó Courel para poder pagar un piso?. Gostaríame denunciar a impotencia de nor poder pagar unha hipoteca cun sueldo menor de 1000 euros (quen os cobrara!!!) e pensar en traballar 30anosen gastar un céntimo para ter unha vivenda de 40m2 dame arrepíos.... Dereito a vivenda e a un traballo estable... JA!. Será para os fillos e amizades dos de sempre porque os demais estamos fodidos!. Un saudo
bio


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: VIVENDA PROTEXIDA EN MOAñA????22-04-2007
Porque hasta que chegou a actual corporación ninguén promoveu vivendas de protección oficial. Na actualidade están entregados xa ó IGVS (Instituto galego de vivenda e solo ) que é o organismo encargado, os solares do antiguo concello, da casa de cultura do Real e da parte municipal de urbanizacións en marcha. Son varios centos de vivendas de promoción. A aprobación do PXOM , no que están previstas, fará que se multiplique a oferta. Non solo hai que decir as cousas, hai que facer os deberes necesarios para que sean realidade...
Silencio
RE: VIVENDA PROTEXIDA EN MOAñA????22-04-2007
Graciñas pola aclaración, silencio, pero todo iso saíu publicado en prensa o ano pasado (falo das supostas vivendas que se van facer no antiguo concello, e no rosal) e todavia non se sabe nada, non digo que sea un problema do partido (ou partidos neste caso) que goberna, simplemente que non teño moita fe en que se cumpla o prometido xq por desgracia case nunca pasa. A ver se me equivoco e nun curto prazo as vexo feitas, para poder pelexar por unha delas contra os fillos/amigos/primos/etc do constructor de turno. Un saudo
bio
RE: VIVENDA PROTEXIDA EN MOAñA????23-04-2007
O galego quer unha casa de seu, independente, con catro fachadas, asentada nun outeiro. (Castelao - Sempre en Galiza)
Auria
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados