Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
https://hyogo-mirai.com/hombres-solteros-en-madrid/
Indispensables
Donde ...
Guia
ENQUISA PRE-ELECTORAL21-04-2007
Na web do concello aparece unha enquisa sobre quen será o próximo alcalde, e dos mil e pico que disque votaron, a maioría dos votos son para o fervenza....juas juas, nos vos parece o do palito estivo a darlle ó ratón toda a noite??
moañesa


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: ENQUISA PRE-ELECTORAL21-04-2007
Pois é posible porque se falsifican documentos oficiais que non farán aquí... Agora en serio, o que sí me parece unha falta de respecto é que nesa enquisa só saen Millán, Pastoriza e Fervenza, cando existen, que eu saiba, dous candidatos máis. E o de Inmo se non me falla a memoria sacou 500 votos máis co PSOE nas pasadas eleccións. Un saúdo
willbe
RE: ENQUISA PRE-ELECTORAL21-04-2007
Normal...son os tres partidos que están instalados no empobrecido parlamento galego, vendo pasar os días, limitandose cada un a cumplir o seu rol, coma nun teatro. Intentan trasladar este esquema tan cómodo ós concellos e consideran ós demais un estorbo. Pensan que non teñen dereito en meterse nunha partida que soio lle pertenece a eles.
Vai na misma linea de falla de respecto os cidadáns que os trapicheos co censo e co voto por correo, os viaxes institucionais a America e o chorro de cartos públicos que se están gastando Caballero e Quintana en propaganda e autobombo.

Silencio
RE: ENQUISA PRE-ELECTORAL22-04-2007
Ay Euloxiño, tes toda a razón...e ti de verde a concelleiro de urbanismo....
RE: ENQUISA PRE-ELECTORAL22-04-2007
¿Desde cando é unha incongruencia ser verde e concelleiro de urbanismo? Non se pode compatibilizar? Este non é o debate da denuncia formulada así que é mellor non ir por outros camiños. Se cres que a actitude do líder de Inmo é denunciable plantexa unha denuncia neste foro no apartado correspondente e iniciamos un debate hixiénico se queres. Pero o tema desta denuncia é sobre a enquisa electoral da páxina do Concello. Que volvo a repetir, non é respectable con todoas as formacións políticas que concurren ás elecións.
willbe
RE: ENQUISA PRE-ELECTORAL22-04-2007
bonito debate aberto unha vez máis dende a concordia e non dende a crispación. O caso, o PP será a lista máis votada en Moaña seguro, o igual que en Cangas, pero eso non decide en primeira instancia que Fervenza será alcalde. Así que o que ocurriu é simplemente o que sucede na realidade política de Moaña, unha lista a do PP que hoxe é a máis votada pero que non governa, e si o fai a segunda forza, BNG, que lanzou a alcaldia a Millán, gracias o acordo co resto de partidos. En Cangas pasou o mesmo con Euloxio, e pasará moi posiblemente nas próximas eleccións.
ocioloxia.wordpress.com
RE: ENQUISA PRE-ELECTORAL22-04-2007
Partes dunha premisa falsa. O PP non vai a ser a lista máis votada en Moaña, pode que non sea nin a segunda.
Silencio
RE: ENQUISA PRE-ELECTORAL23-04-2007
As enquisas son fabulas fantasticas das que se aproveitan os politiquillos para estar no machito. O realmente certo é que o Fervenza e a sua "santa compaña" particular vai sufrir moito de aqui ás eleccions, por dous motivos: pola sua soberbia, e polo desafío explicito ós fieles do PP de Moaña. Non sei si será Alcalde ou non, pois eso dependerá do conxunto dos electores, pero o que teño claro que a sua osadía pagarala caro nalgun momento. O ben ó mellor quere sacar a Moaña dun rincón da historia como fixo o seu antigo mandamais bigotudo.
ARNEIRON
RE: ENQUISA PRE-ELECTORAL23-04-2007
Quizáis esté confundido, "Silencio", non lin as últimas enquisas do IGE nin de Sondaxe, pero bueno quizáis si pase en Cangas. Por outra banda decir que as enquisas non minten, os que minten son os políticos cando as manipulan. Unha enquisa é un resultado de obtención de datos non manipulados, por contra a avaliación de resultados é unha técnica cualitativa e non cuantitativa como ocorre nas enquisas. Repito as enquisas non minten, se non un dato que che fará reflexionar, Se che digo que non morrerás de gripe por que o podo asegurar? Por que estadísticamente morre moi pouca xente por este tipo de afeccións, todo é estadística, e non nos damos conta.
ocioloxia.wordpress.com
RE: ENQUISA PRE-ELECTORAL23-04-2007
Non me refería a ningunha enquisa. Simplemente penso que o suposto de PP como partido máis votado pode ser válido para Cangas, pero non é así no caso de Moaña. Incluso, si o Psoe non se suicidara poñendo a un candidato corrupto que cada vez que abre a boca perxudica a Moaña, podería darse o caso de que o PP fora a lista menos votada. Xa veremos....
Silencio
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados