Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
https://sapporo-juken.com/
Indispensables
Donde ...
Guia
ALEGACIóN CONTRA O PXOM DE MARIN12-04-2007
Modelo de Alegación contra o PXOM de Marin, en defensa dos rios e do litoral.

Podes baixalo desde www.colectivo.tk

Don/dona .................................................................................., con DI nº............................ e domicilio a efectos de notifación en...................................................................................................., cp.........................; ante este organismo,

EXPÓN

Que estando actualmente o proxecto de PXOM en período de información pública veño presentar as seguintes alegacións:

Primeiro.- No proceso de elaboración do PXOM non se tiveron en conta as medidas de protección do litoral, dos ríos e dos espazos de interese paisaxístico e agrícola. De Mogor até Ardán a nosa costa vai sufrir un dos maiores procesos de transformación e vai ser sometida a unha presión urbanística sen precedentes.
A proposta de invadir as zonas de protección do litoral é un atentado ecolóxico que só se xustifica por un interese económico duns poucos en enriquecerse a costa da costa.
O artigo 13. 3 da LOUGA di que os núcleos rurais ubicados na franxa de 200 metros dende o límite interior da ribeira do mar, non poderán ser ampliados en dirección ao mar, salvo nos casos excepcionais no que o Consello da Xunta o autorice expresamente pola especial configuración da zona costeira onde se atopan ou por motivos xustificados de interese público, xustificando a necesidade da iniciativa, a oportunidade e a súa conveniencia co interese xeral.

Segundo.- Os cauces dos ríos Loira e Lameiriña, tal e como vén recollido no proxecto do PXOM, vense afectados nas súas marxes e non se respectan as zonas de protección establecidas legalmente. Non hai xustificación algunha a esta modificación, e esta proposta incide nos erros do pasado que provocan cada certo tempo inundacións nas desembocaduras dos ríos en Marín.
No Estudo de inundabilidade fanse unhas propostas de actuación consistentes na canalización das desembocaduras dos ríos Loira e Lameiriña. Estas actuacións suporían modificar o ecosistema dos ríos causando un gran impacto no mesmo e modificando, no caso do río Loira unha paisaxe de gran valor.
Son precisamente as canalizacións dos ríos as que provocan os seus desbordamentos e as conseguintes inundacións, que xunto coa invasión dos seus cauces pola presión urbanística fan desaparecer as zonas naturais de expansión.
A Lei 29/1985, de 2 de agosto, de Augas, recolle no seu Artigo 6 que as marxes dos ríos están suxeitas, en toda a súa extensión lonxitudinal a unha zona de servidume de cinco metros de anchura, para uso público que se regulará regulamentariamente; e a unha zona de policía de 100 metros de anchura na que se condicionará o uso do solo e as actividades que se desenvolven.

Terceiro.- No proxecto de PXOM cualifícanse moitas zonas de interese agropecuario como Solo Urbanizábel Delimitado, o que suporá a súa posterior urbanización e polo tanto desaparición. Estaremos ante unha grave modificación da paisaxe e do ecosistema que como se recolle no informe medio-ambiental do propio Plano o espazo agrario entendido como un complexo de pequenos micro-hábitats é o espazo estratéxico que garante a supervivencia da biodiversidade no municipio.
O interese destas zonas está recoñecido polo Ministerio de Agricultura e pola Consellaría de Política Territorial, como así consta no seu informe previo ao PXOM.


Por todo o anteriormente exposto solicito:


Que se contemplen en todas as marxes dos ríos Loira e Lameiriña, así como dos seus afluentes, as zonas de protección legalmente establecidas na Lei de Augas de 5 metros para uso público e 100 de policía.
Que se retiren estas dúas propostas de canalización dos ríos Loira e Lameiriña por consideralas un atentado ecolóxico que vai alterar dun xeito innecesario o medio e o curso destes ríos.
Que se modifiquen as propostas de cualificación do solo nas zonas costeiras, respectando os 200 metros de protección do litoral.
Que se manteña a protección das zonas de interese agropecuario, tal e como se recolle no informe da Consellaría de Política Territorial.



Marín, ______de _________________ de 2007



Asdo.:



Ilmo. Alcalde-Presidente do Concello de Marín
Colectivo Nacionalista de Marin


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados