Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
https://delicate-labo.com/
Indispensables
Donde ...
Guia
UN PXOM ESPECULATIVO AMEAZA O LITORAL E OS RIOS DE MARíN03-04-2007
Haz click para ampliar O proxecto de PXOM elaborado baixo a dirección da Comisión Municipal de Seguimento, onde están representados todos os grupos municipais, mantense na liñaa dos presentados na maior parte dos concellos costeiros de Galiza. Igualmente estamos ante unha aposta polo crecemento sen control e a urbanización extensiva do territorio.

Aplicar esta filosofía urbanística propia do “Mediterráneo” nun momento en que socialmente está sendo cuestionada e nalguns casos paralizada pola Unión Europea deixa ben as claras que non se pretende desenvolver un plano que solucione os problemas do conxunto da poboación, que beneficie á maioría, senón que está en función dos instereses duns poucos. Estamos ante un proxecto especulativo e que vai provocar tensión social cando traten de aplicarse os excesivos “polígonos” que aparecen recollidos.

As figuras escollidas, os diversos modelos de polígonos, nas que os propietarios dificilmente chegarán a un acordo de edificación, obrigan a un desenvolvemento baseado en urbanizacións realizadas por grandes construtoras que, no caso dunha vila costeira como a nosa desenvolveranse en moi pouco tempo en fenómenos de especulación urbanística ligada ao turismo.

O plano xeral presentado non incorpora criterios de sustentabilidade, xa que non parte da base de respectar o benestar e a calidade de vida dos actuais habitantes do concello, ao recalificar grandes superficies de cultivos e de solo rústico protexido, que conforman a actual paisaxe de Marín, substituíndoo por unha continuidade de urbanización de edificacións con diversas alturas e características que van empeorar a calidade de vida ao concentrar á totalidade da poboación en puntos concretos, no litoral e en espazos protexidos, e atraendo a consumidores de segundas vivendas que residen fóra do noso concello co conseguinte encarecemento do nivel de vida para os que residimos todo o ano en Marín.

A análise do preámbulo da Memoria clarifica as intencións da Comisión Municipal de Seguimento, pois desde a equipa redactora maniféstase dun xeito rotundo que foi esta comisión a que rexeitou a consideración da maior parte das recomendacións do informe previo elaborado pola Consellaría de Política Territorial. Isto vai provocar unha inseguridade xurídica ao expoñer un plano que está en gran medida cuestionado.
Pero o máis lamentábel de todo o proxecto son as propostas de invadir urbanisticamente o litoral e de canalizar os ríos Loira e Lameiriña.

A proposta de urbanizar a franxa de protección do litoral, 200 metros dende o límite interior da ribeira do mar, sen ningún tipo de xustificación do interese público como obriga a lei entra en contradición coa conservación do noso entorno, a preservación das zonas costeiras de grande valor ecolóxico e paisaxístico, e entra en clara confrontación co manifestado pola Consellaría de Política Territorial no seu informe sobre o PXOM.

Hai que lembrar que está en trámite un proxecto para a protección dos 500 metros de litoral, así como as constantes manifestacións públicas do Presidente da Xunta e a Conselleira de Política Territorial contra a especulación urbanística e a defensa do noso litoral. Sabemos que son palabras de políticos, máis agardamos que no caso de Marín se fagan realidade.

Igual de aberrante é a proposta de canalizar os ríos Loira e Lameiriña. Os cauces de ambos, tal e como ven recollido no proxecto do PXOM, vense afectados nas súas marxes por propostas que non respectan as zonas de protección estabelecidas legalmente. Incúmprese reiteradamente a Lei 29/1985 de Augas, que regula e prohibe este tipo de actuacións nos ríos.

Non hai xustificación algunha para estas actuacións que inciden nos erros do pasado e que provocan cada certo tempo inundacións nas desembocaduras, dos ríos como aconteceu en novembro pasado co Lameiriña.
Os redactores do plano son conscientes de que estas actuacións van contra a filosofía da normativa vixente, pero as decisións políticas da Comisión de Seguimento fixeron que se mantiveran. O que teñen que aclarar publicamente é que intereses están defendendo con este tipo de propostas que só fomentan a especulación urbanística.

Todos os partidos con representación no concello son culpábeis de elaborar un PXOM que non responde ás necesidade de Marín, e pretenden transformar a nosa vila nunha nova “Marbella”.
>> Ampliar datos Colectivo Nacionalista de Marin


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: UN PXOM ESPECULATIVO AMEAZA O LITORAL E OS RIOS DE MARíN09-04-2007
total mente de acordo con vos,por fortuna ainda non temos aberracions urbanisticas estilo marbella,mais penso que temos que tentar concienciar a xente na hora de votar,pois senon mais antes que despois caeremos no fango especulador urbanistico.animo foro social de cangas e animo compañeiros de marin,animadevos e presentade candidatura o concello,eu xunto cun grupo de amigos tentamolo en moaña pero non chegou a concretarse,ainda predomina o pensamento facha.
xoan carballas
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados