Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Full Article
Indispensables
Donde ...
Guia
GRAVE DEGRADACION DA PRAIA DE BELUSO31-03-2007
Haz click para ampliar Ante as noticias que se están a producirse sobre a acumulación de pedras que presenta a Praia de Beluso na zona sur a día de hoxe, a Plataforma para a Conservación do Litoral de Bueu, ANDUXÍA, desexa manifestar o seguinte:

O lamentable aspecto que presenta a praia non é algo habitual dos períodos invernais senón que e consecuencia directa da desastrosa ampliación do porto de Beluso acometida no ano 2001 por Portos de Galicia .

Tanto Costas do Estado como Portos de Galicia recoñecen publicamente a incidencia negativa do novo porto sobre a dinámica da praia. Ademais hai que recordar que esta obra estivo paralizada durante dous anos porque Costas advertía dos danos graves sobre o areal que ía causar este novo porto.

Neste senso Anduxía mantivo unha reunión coa directora e técnicos do ente publico Portos de Galicia celebrada en Santiago o 18 de Xaneiro de 2007. Nela Portos de Galicia comprometeuse a realizar un estudio detallado dos danos que esta a provocar o porto sobre a dinámica da praia.

Inda así, Anduxía decidiu no esperar polas promesas da administración e dende xaneiro deste ano está a realizar un estudio da evolución da praia de Beluso, establecendo puntos de control do nivel de area o longo da mesma.

Inda que as conclusións definitivas publicaranse a finais deste ano, as primeiras medicións indican que o estado da praia de Beluso é moito mais grave do que se aprecia a simple vista.

Os primeiros resultados indican unha basculación grave do areal cara o norte como consecuencia das alteracións sobre a oleaxe e as correntes que provoca a excesiva lonxitude da nova dársena de abrigo. Isto produce unha diminución progresiva do nivel de area na zona sur da praia (-1 m. na actualidade) polo que afloran gran cantidade de pedras e diminúe a estabilidade dos muros nesta zona. Este exceso da area estase a acumular na zona norte contra o peirao vello (+1m.) e producindo o soterramento paulatino dos penedos coñecidos como “os Carballiños”. Isto trae tamén como consecuencia que a area desta zona presente un tamaño de gran moito máis gordo que antes xa que procede da zona sur da praia.


Pero esta area acumulada no norte non permanece estable senón que se despraza longo de peirao vello cara o mar formando un escalon ou gavieiro que avanza a medida que recibe aportes de area da zona sur da praia.

Polo tanto esta primeiras medicións parecen indicar que a praia de Beluso pode estar a xirar no sentido das agullas do reloxo o redor dos penedos coñecidos como os Carballiños e formando unha fronte contra o peirao que avanza cara o mar.

Por outra banda nos últimos anos os ventos do norte que predominan nos meses de primavera e verán aportaron area a zona sur da praia mitigando levemente este desequilibrio. O problema e que o estar alterada a dinámica da praia esta area volta a marchar cara o norte onde se acumula de novo.

Pese a gravidade da situación compre estudiar a durante mais tempo a praia antes de empezar a falar de posibles actuacións que freen esta degradación. A opción de aportar area foránea non é valida para Anduxia xa que so serviría para disimular o problema temporalmente e pode producir alteracións ecolóxicas na praia.

Por ultimo, non entendemos como inda poida haber xente que opine que o lamentable aspecto que presenta hoxe en día a praia de Beluso e algo habitual e que a praia non lle pasa nada. Basta cunha simple ollada para que calquera persoa que coñeza minimamente a praia de Beluso se percate da degradación que está a sufrir.

Suso Framil
Voceiro de Anduxia e biólogo.
Anduxia


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: GRAVE DEGRADACION DA PRAIA DE BELUSO01-04-2007
si podemos darlle as gracias a lopez veiga e demais caciques que tedes en bueu como o munipa ese o furilo lame cus do PP
RE: GRAVE DEGRADACION DA PRAIA DE BELUSO01-04-2007
Tomade nota, iso é o que pasará con Rodeira se vai adiante o porto deportivo. Claro que os defensores do progreso da "argamasa" iran con seus coches e iates a calas máis coquetas... os demais, por apáticos, faran xogos malabares na zona da praia onde se deposite a area.
Arenitas...
RE: GRAVE DEGRADACION DA PRAIA DE BELUSO02-04-2007
vgaya vergonza a ver donde estan os defensores do progreso pandilla de caciques da merda
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados