Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
https://juragankaus.com/fiona-apple-nude-free/
Indispensables
Donde ...
Guia
NOTA DE PRENSA DE 3 DE XUÑO DE 200503-06-2005
NOTA DE PRENSA DE 3 DE XUÑO DE 2005

A contradicións nas datas de apertura da vía rápida ofrecidas polo alcalde e polo conselleiro de política territorial poñen de manifesto, máis que nunca, que o Sr. Sotelo está máis só que "el Tato", termo que tanto lles gusta ós dirixentes do PP. "Agora xa non se pon de acordo nin coa xente do seu partido".

Entendemos que ante o menosprezo que está a sufrir polos altos cargos do seu partido, o Sr. Sotelo está a realizar a súa particular campaña electoral con "globos de cores"cos que ocultar que segue coa súa particular operación de venta de Cangas. Podemos citar entre outros:

A inauguración da vía rápida, na que falta por rematar case todo, que claramente non estará inaugurada para este verán, o que nos dará un certo respiro respecto dos agobios de masificación que nos esperan unha vez que se atope en funcionamento.

Os pagos das expropiacións dos terreos da vía rápida, realizados esta semana, comunicados dende o concello ós afectados, a un prezo de 3 euros, cando o prezo fixado polo xustiprecio é catro veces superior. ¿Cómo se explica que Zona Franca pagara a Maderas Lago a 9 euros o metro de monte roubado aos veciños de Aldán e que os terreos dos veciños valgan 3?

A construción do centro de recuperación de fauna mariña, que aínda non ten resolto o problema de captación de auga do mar lonxe das augas dunha depuradora xa superada na súa capacidade; que inclúe unha zona axardinada en dominio público (no actual aparcamento) e que só se poderá construír en terreos municipais (o concello non dispón dos metros cadrados necesarios). Para que o departamento de Usos e Conservación do Litoral (da Consellería de Pesca) lle autorice a construcción na zona de servidume de protección de costas, deberán xustificar a titularidade dunha parcela duns 10.000 metros cadrados dos que o concello non dispón, polo que o Sr. Sotelo estaría a enganar á Consellería de Medio Ambiente.

O interese pola defensa do patrimonio, totalmente esnaquizado e en estado de total abandono, a non ser o reclamo-estrela do Facho.

A cortina de fume da participación do Sr. Foster na urbanización de Massó. O Foro Social pola Defensa do Pobo xa se puxo en contacto coa empresa do Sr. Foster para informalos da situación dos convenios, do PXOM e das alegacións e protestas cidadáns.

Parécenos incrible que co Plan suspendido a todos os efectos, e coa decisión aprobada de retrotraelo a fase de avance, se siga a actuar como si os convenios estiveran en vixencia e a tratar de poñerlle a cara bonita a unhas operacións de especulación do alcance das que nos topamos diante.
A recalificación de Massó supón a renuncia ao futuro de Cangas como pobo que vive do mar, presupón que os polígonos de cultivos a flote se explotarán sempre dende Moaña, e trata de maquillar con un centro de recuperación de cetáceos a perda de 250.000 metros cadrados de hábitat de eses mesmos cetáceos, ademais de zona de pesca e marisqueo.

Etc.

O Sr. Sotelo tenos acostumados a transmitir notas de prensa nas que se dan por realizadas obras que, anos máis tarde, seguen sen realizarse. Pero iso non é o mais grave, Cangas leva 20 anos sen terreo industrial nin proxecto de futuro, con un desemprego abafante sobre todo para xoves e mulleres, e as únicas solucións pasan pola venta e esnaquización de recursos para proveito duns poucos.
En Aldán se está a dar prioridade a un proxecto de porto que probablemente altere irreversiblemente as condicións naturais da ría e o mesmo tempo se deixan sen uso, esperando o correspondente pelotazo, os 30.000 metros cadrados do complexo de Ameixide.

Resulta fundamental que o PP acade o mínimo número de votos posibles en Cangas, xa que no caso contrario o Sr. Sotelo dirá que os votos ó seu partido en Cangas son o referendo de apoio á súa política particular e ó seu Plan Xeral e, ademais, serviranlle para negociar o plan xeral (que a data de hoxe leva 57 días secuestrado) cos altos cargos do seu partido no caso pouco probable de que gañasen as eleccións. Tamén lle recordamos ós electores que os votos nulos e en branco favorecen sempre ó partido máis votado, polo que sería recomendable votar a algunha forza política da actual oposición, aínda que sería convinte que a xente acudira aos mitins do PP para escoitar da boca dos seus líderes as propostas referentes ao concello.

Dende o Foro tamén queremos comunicar ós veciños que xa contamos con páxina web, www.cangasnonsevende.org, na que poderedes atopar un repaso a historia da oposición veciñal contra o PXOM e a proposta de discusión sobre puntos concretos sobre os que se debe definir un novo Plan Xeral, necesario con urxencia, e que debe ser consensuado para que serva de proxecto común dinamizador dun pobo que quere escapar do desemprego, da dependencia de Vigo e da liquidación en rebaixas de todo o que nos deixaron os nosos avós.

FORO SOCIAL POLA DEFENSA DO POBO
>> Ampliar datos FORO SOCIAL POLA DEFENSA DO POBO


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: NOTA DE PRENSA DE 3 DE XUÑO DE 200503-06-2005
O que queren facer en Cangas non ten nome, de aqui a uns aniños isto non vai haber quen o coñeza.
anxo
RE: NOTA DE PRENSA DE 3 DE XUÑO DE 200504-06-2005
Isto é un escandalo.Aproveitando que estamos en eleccions non estaria de mais facer outra manifestacion multitudinaria en Cangas a ver si dun carallo dunha ves se dan conta de que a xente non e parva e que o levan mais nejro do que pensan pa volver a gañar, somos parvos ou que?
veciño
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados