Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
afrikaanse dating website
Indispensables
Donde ...
Guia
LUITA VERDE21-04-2005
Luita Verde denuncia o déficit democrático do actual goberno municipal do concello de Moaña o negar a este colectivo o fotocopiado de parte do expediente exposto públicamente de solicitude de apertura dun local para aloxamento de cetaria na rúa Fonte da Vila O Con, desta Vila.

Este proxecto está exposto públicamente dende o 15 de Marzo, trala súa publicación no BOP, e dende aquela se nos negou reiteradamente, tanto por parte da concellalía de Urbanismo, como da Alcaldía o seu fotocopiado para posterior consulta e asesoramento, contravindo normativas constitucionais, autonómicas de dereito,, á información e incluso o propio Regulamento de Participación Veciñal do mesmo concello, no seu artigo 6. apartados a e b.

Entendemos esta actitude por parte do concello como un atentado contra a democracia participativa, e demostra unha total falla de transparencia na súa xestión, optando por ser un concello pechado e antídemocrático e impulsando unha actuación fora do servicio aos intereses da comunidade.

Luita Verde xa presentou queixa destes feitos ante o Valedor do Pobo, xa que a parte da gravidade dos mesmos, desgraciadamente é tamén a úneca forma de que o concello, como ten sucedido noutros casos, responda oficialmente ós nosos requerimentos e denuncias.
luita verde


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: LUITA VERDE21-04-2005
Xa rematou hai tempo o período de exposición pública e de alegacións ó proxecto e xa quedou no olvido o tema pois nin os propios veciños sairon a denuncialo públicamente. Iso precisamente é o que queren os políticos dese concello pois cobran por licencia e creen que así gañan prestixio e votos apoiando á instalación dunha empresa e axudando a xenerar postos de emprego. Pero que fai unha cetaria de marisco fora do litoral, no medio dunhas veigas e a escasos metros de varias vivendas?
un parroquiano
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados