Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
https://xnxx.rest/
Indispensables
Donde ...
Guia
¿PRAIA PRIVADA?22-02-2007
Despois do asolagamento da igrexa de Domaio comezou o saneamento do río, que sin tempo non era. Non así da pequena Praia do Almacén, xusto diante do parque. Non chega co lixo acumulado que tamén temos que aturar que se reparen ou desfagan bateas privadas. O caso e que o areal e público e non podo disfrutar del. Pequeno pero xeitoso. Cumpriría dende o Concello se demandase aos particulares que fan uso privado dos espazos de todos.
rinrin


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: ¿PRAIA PRIVADA?23-02-2007
A verdade e que non entendo de que promoción turística falamos cando non somos quen de manter limpos, cando menos, os parques e arenais. Entendo que en Domaio o mar e fonte de vida pero non creo que isto teña que ver con cuestións de saneamento e limpeza. Tamén é unha magoa que non rematen de preparar o paseo dende O Porto ata o Clube de Xubilados. De novo non se cumplen os prazos.
trasdapena
RE: ¿PRAIA PRIVADA?23-02-2007
Estou de acordo contigo cando falas de limpeza e saneamento. Non entendo porque as bateas teñen que vir tan cerca dos arenais e tampouco entendo por que o Concello non habilita un servizo de mantemento de praias. Creo que en verán funciona algo parecido pero si os impostos que pagamos son anuais deberíase manter o servizo tamén todo o ano.
rinrin
RE: ¿PRAIA PRIVADA?23-02-2007
Bueno rinrin, agora seica van poñer ducha na Praia de Domaio, no porto. Empezaron con moita fuga pero non sei si pararían de vez. O día que rematen iso e o paseo ata o Clube votamos uns foguetes!
trasdapena
RE: ¿PRAIA PRIVADA?26-02-2007
A praia esta ocupada polas bateas en reparacion porque a empresa que o explota ten unha concesion . Ademais nesa praia nunca se frecuentou. O concello ahi non ten nada que falar xa que todo o litoral de Domaio esta baixo a influencia e supervision de "Puerto de Vigo" e a este non lle interesa un paseo senon unha retaila de naves e de fabricas que lle ingresen na conta uns cartiños para facer su "ciudad que ve al mar"
algo sei
RE: ¿PRAIA PRIVADA?27-02-2007
Grazas pola información. Non me parece mal en absoluto que o litoral ingrese cartiños, falo de limpeza. Dis que o areal do que falamos non é utilizado pero ti ben sabes que co bo tempo o parque é moi frecuentado e a praiña e xeitosa para os rapaces. Se non a utlilizamos e porque non invita a facelo. Insisto, falo de limpeza e creo que hai sitio para todos. Con respecto ao paseo, non creo que perxudique a ninguén e de novo é cuestión de saneamento.
rinrin
RE: ¿PRAIA PRIVADA?27-02-2007
A ver si nos aclaramos. Non creo que as bateas ou as pequenas empresas sexan o problema. Tamén eu descoñecía que houbese unha concesión. De calquera xeito coincido con rinrin no tema da limpeza.
trasdapena
RE: ¿PRAIA PRIVADA?22-03-2007
Os sabios din que non existe tal concesión. O que prima é a tradición. Non é xusto. Non ides ter axiña una rampa de varada?
loira
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados