Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Click Here
Indispensables
Donde ...
Guia
HABERA CAMBIO DE PODER NA NOSA VILA?12-02-2007
Habera cambio de poder na nosa vila?
Quen sera destes todos-, Cacique Sotelo, Clarita Millan, H.Otero, Mariano Abalo , Nardito Faro - o alcalde de Cangas¿?
Penso que poderia haber cambio de poder por multiples feitos; a incapacidade de elaborar consensuadamente un Plan Xeral, os convenios turbios de Masso,... as ruas e beiraruas feitas un asco, a falla de limpeza, o abandono das parroquias, o amiguismo caciquil, a falla de proxectos ilusionantes para a vila...
Pero quen ofrece unha alternativa solvente?
Pola miña parte , vou votar a esquerda, pero que pensades vos?
Habera un novo alcalde ou alcaldesa?? Veña internautas mollarvos.
trocodepoder


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: HABERA CAMBIO DE PODER NA NOSA VILA?12-02-2007
Eu estou con UPAC. o seu programa convenceme .
manuel
RE: HABERA CAMBIO DE PODER NA NOSA VILA?12-02-2007
UPAC? e iso que ven sendo?
xian
RE: HABERA CAMBIO DE PODER NA NOSA VILA?12-02-2007
pois tes mais info na sua paxina www.upac.es. Saudos.
manuel
RE: HABERA CAMBIO DE PODER NA NOSA VILA?12-02-2007
EU DESTA VES PSOE, QUE CARALLO POLO MENOS E UNHA CARA NOVA.
LOLO
RE: HABERA CAMBIO DE PODER NA NOSA VILA?12-02-2007
coalición de esquerda ou upac de centro? difícil elección
ana
RE: HABERA CAMBIO DE PODER NA NOSA VILA?12-02-2007
¿Pero o UPAC ese non é o de Nardito? ¡Vós estades de coña! Non sabía eu que había tanto cachondo solto.
CASTRILLÓN
RE: HABERA CAMBIO DE PODER NA NOSA VILA?12-02-2007
si si , muita carallada , pero UPAC podelle joder os votos o PP .
o pan da de morros
RE: HABERA CAMBIO DE PODER NA NOSA VILA?12-02-2007
UPAC=Unión de Porreros Asociados de Cangas
RE: HABERA CAMBIO DE PODER NA NOSA VILA?13-02-2007
Seguramente fai anos que non se dá unha posbilidad tan real de mandar a Sotelo á oposición. A iso, sen dúbida, axudará a UPAC de Faro Lagoa. Pero non nos enganemos, o anunciado apoio da UPAC para un goberno de esquerdas non deixaría de ser un apoio coyuntural. A razón de ser da UPAC é, simplemente, o desexo dun sector do PP tradicional, de foder a Sotelo e ao seu PP oficial. Faro Lagoa xa o dixo moi claro, el só quere evitar a vitoria de Sotelo. Si Sotelo desaparecese da escena política unha UPAC con representación no Concello sería un apoio ao PP. Contamos con que a UPAC só sirva para restar votos ao PP oficial, sen que chegue a obter concejalía algunha. Por iso, a responsabilidade do que pase en Cangas será exclusivamente da esquerda e do nacionalismo.

Un excelente paso foi a unificación electoral da FPG cos residuos comunistas e esquerdagalegista, ou o que sexa, nunha Alternativa que sen coincidir ideológicamente, polo menos actua con pragmatismo nas súas formulacións: hai que sumar votos. E seguramente sumarán os suficientes para conseguir dous e ata tres concelleiros o próximo mes de maio.

A incógnita represéntana o BNG e o PSOE.

As dúbidas preséntanse sobre a base de si Clara Millán será capaz de manter o mesmo apoio e a mesma representación que fai catro anos. Son moitos os que o dubidan. Existe unha falsa tranquilidade nas filas do BNG. Hai voces discrepantes. Moi disciplinadas pero discrepantes. De feito, o que non transcende na prensa coñécese polos comentarios de personaxes moi autorizados e cunha influencia notable no nacionalismo cangués, que mostran en privado a sua disconformidade polo errático camiño que o BNG de Cangas segue das mans de Clara Millán. Comentarios que poñen en dúbida a capacidade de Clara Millán para asumir responsabilidades que lle excederían e o seu afán por pechar o paso a quen poidan facerlle sombra. Chégase, ata, a mencionar a súa relación cun home moi próximo a Anxo Quintana, como único motivo da súa proxección política.

Os socialistas son un caso aparte. Cometeron todos os erros que en polítca pódense cometer. A originalidad de presentar fai oito anos a Encarna Santos como candidata se foi convertendo aos poucos nun pesadelo para a esquerda. Á marxe dos continuos coqueteos de Encarna Santos co PP, no PSOE atopáronse cunha portavoz inconsistente, sen discurso político, e cativa dun pernicioso e sinistro asesor con demasiados intereses urbanísticos en xogo. Unha situación de todo punto insostenible para os socialistas. Finalmente, alguén no PSOE debeu espertarse dun mal soño e optou por corrixir estes erros. O resultado é Héctor Otero. Nada podemos dicir del. Un absoluto descoñecido na vida política de Cangas. E por iso, só queda rezar ao altísimo para que aprendendo dos erros o seu antecesora, saiba manter unha coherencia política descoñecida ata agora. Suponse que o candidato Otero é militante socialista. Que se note. A él correspóndelle non só manter os tres representantes socialistas no Concello senón aumentalos mercé á actual conxuntura. Cun goberno socialista en Madrid e un goberno coalicionado de socialistas e nacionalistas en Santiago, o PSOE de Cangas debería aproveitar ben esa tendencia de moitos cidadáns a beneficiar co seu voto a quen xa ostentan o poder. O seu inexistente pasado político é unha baza ao seu favor. Esperemos que saiba rodearse dun equipo competente e serio, e que sexa capaz de soltar ese lastre que ameaza con hipotecar o seu futuro político. Otero debería romper coa actual imaxe dun PSOE conchabado co PP e os seus intereses urbanísticos. Está en xogo a súa propia credibilidade. Calquera atisbo de continuismo e de tutelaje, podería dar ao traste coas boas expectativas dun candidato prometedor.
cangues coma ti
RE: HABERA CAMBIO DE PODER NA NOSA VILA?13-02-2007
Eu hei votar á Alternativa Cangueira de Esquerda e que lle dean polo saco á esquerda teórica do bloque e do Psoe.
Linx
RE: HABERA CAMBIO DE PODER NA NOSA VILA?13-02-2007
"Somos unha formación política de centro ao servizo dos ..." UPAC

Segundo eles que son de centro e segundo os comentarios da UPAC en LP (libertad popular) son la "alternativa de derechas" pfff

Quédome coa coalición de esquerda!
mimadriña!
RE: HABERA CAMBIO DE PODER NA NOSA VILA?13-02-2007
VOTO DE MENOS AQUELES DEBATES CIRCENSES NA TV-MORRAZO CON NARDITO DE PAYASO, IIISO SI QUE ERA AUDIENCIA.
¿ QUEN QUERE FACER UN PARTIDO CONMIGO ?............PENSO QUE SI ME PAGAN PODO CHEGAR A SER TAN FAMOSO COMO FOFITO POLO MENOS
CUIÑOCUIÑO
RE: HABERA CAMBIO DE PODER NA NOSA VILA?13-02-2007
eu boto de meno a tv do morrazo.. que hostia foi dela¿?
mimadriña!
RE: HABERA CAMBIO DE PODER NA NOSA VILA?13-02-2007
converteuse na caerpuma tv jajajaja O URBANISMO NO MORRAZO NON TEN LÍMITES!!!

De tv informativa a teleinmobiliaria tsss
mimadriña!
RE: HABERA CAMBIO DE PODER NA NOSA VILA?14-02-2007
por suposto que o vai haber, o novo, o rapas que todo dios fala del pero que nadie o pode acusar de nada sospeitoso, xa veredes quen vai dar a sorpresa xa.
veña con janas, bng,psoe,aec, todos unidos contra a dereita.
calique acabouseche o chupe , a ti e a marnotes, aqui non ides voltar a mangonear mais, corruptos fora
san blas
RE: HABERA CAMBIO DE PODER NA NOSA VILA?14-02-2007
O caralludo de todo isto é que algúns nos queren facer ver que a mellor cualidade política é que non te coñeza ninguén. "Polo menos non ten pasado", é o mellor que se escoita do do PSOE. E se non ten pasado, ¿como nos imos fiar del? ¿Que datos ten detrás que o avalen?
Non somos parvos para pensar que unha traxectoria longa de defensa do pobo ou de xestión honrada, como a que avala aos da ACE, é unha custión menor, sen importancia, mesmo un defecto engadido, diante da pretendida "virxindade" do tal Héctor.
Eu, Alternativa de Esquerdas, e quen queira comlgar con rodas de muiño... ¡alá el ou ela!
MUIÑEIRA
RE: HABERA CAMBIO DE PODER NA NOSA VILA?14-02-2007
Levo vivindo en Cangas un ano e algo, e non sei se será a miña residencia durante moito tempo, pero teño unhas gañas de empadronarme soio pra sacar do seu sillón a este alcalde incompetente que ten Cangas.
Auria Bugallo
RE: HABERA CAMBIO DE PODER NA NOSA VILA?14-02-2007
Si pero para sacar ó alcalde se lle vas dar o voto a bazofia do PSOE ou os inútiles do Bloque pois mira ti.
Cangas con Alternativa, vota ACE.
Moi
RE: HABERA CAMBIO DE PODER NA NOSA VILA?14-02-2007
ACE es igual a la Batasuna vasca, porque tambien tiene kale-Baroka, con la misma cultura y modales.
angel
RE: HABERA CAMBIO DE PODER NA NOSA VILA?14-02-2007
Penso que a sorpresa non a vai a dar ACE, precisamente.... .
manuel.
RE: HABERA CAMBIO DE PODER NA NOSA VILA?14-02-2007
¡Que carallo saberás ti, Angel, de "cultura" e "modales" se es o mesmo facha que ten escrito aquí opinións totalmente retrógrada!
¡Kale-baroka querías ti!

¡Mira: Dígocho porque teño idade pra iso e ademais sufrino! Cando foi a "movida" de Cangas contra Lois Pena, os máis violentos eran os que despois apioaron ao PP de Chapela.
Pregúntalle á "mamasita" de Boullosa e a outras desa ralea quen lle pagaba os taxis a catro chaíñas pra que fosen apedrear ao do PSOE. Pregúntallo, anda, que seguro que te codeas con elas.
COCHENO
RE: HABERA CAMBIO DE PODER NA NOSA VILA?14-02-2007
Honradez os da ACE? jajajaja quen di iso? os 180 traballadores de mais que hai no concello por pagar favores cando o goberno xestor? Hai algún que non se da por vencido, que quere ser alcalde por enriba de todo, pisando o que sexa ou dando un "golpe de concello", recordame a un velliño que "botamos" fai pouco...
RE: HABERA CAMBIO DE PODER NA NOSA VILA?14-02-2007
eu ACE
juan carlos
RE: HABERA CAMBIO DE PODER NA NOSA VILA?15-02-2007
EU TAMEN, LEXIA ACE
jrasioso
RE: HABERA CAMBIO DE PODER NA NOSA VILA?15-02-2007
Precisamente: Non che hai nada mellor que unha boa lixivia pra DESINFECTAR!
Avante a ACE!
DON LIMPIO
APOIO A COCHENO15-02-2007
UNHA VERDAD COMO UN TEMPLO.
ISTO E CANGAS DO MORRAZO , DO BOCHECHON , E AS DA MOVIDA, ABALITOS Y ...... OS DE SEMPRE
OS POLITICOS SON OS MESMOS DE SEMPRE , PERO CON OUTROS NOMES
CUIÑOCUIÑO
RE: HABERA CAMBIO DE PODER NA NOSA VILA?15-02-2007
E os empresarios tamén son sempre os mesmos máis temos que jodernos con eles e baixar as ourellas como cadeliños. Obreiros !!!!!A LOITA CONTINÚA!!!!!
RE: HABERA CAMBIO DE PODER NA NOSA VILA?16-02-2007
eu tamén son ace
manolo do sacho curto
RE: HABERA CAMBIO DE PODER NA NOSA VILA?16-02-2007
Tiene razón Muiñeira que ser nuevo en política pudiera pudiera parecer un débil argumento si no fuera porque nos estamos refieriendo a Cangas. En este pueblo la mitad de sus políticos datan de épocas prehistóricas, mientras que la otra mitad hubiera sido mejor que se quedaran en casa. Y si uno hace un repaso a lo que han sido estos últimos cuatro años, sinceramente más les valdría a todos hacernos un favor y jubilarse.

Comprendo el nerviosismo de Muiñeira, como comprendo el de aquellos que pensaban que lo tendrían fácil frente a un PSOE con una candidata agotada y sin ideas como Encarna Santos. La presencia de Héctor Otero les ha puesto muy nerviosos. ¿Porqué? Simplemente porque por mucho que rebuscan, incluso entre la basura, no encuentran mayores argumentos para atacarle que decir que es un desconocido en política. Y eso aunque parezca que no fastidia mucho.

Les gustaría poder decir que está en manos de un abogado especulador, o que es un mantenido político de la mano de su amigo, marido o amante, o que es un señorito que trabaja para promotores y especuladores, o que es un fracasado político que mendiga de partido en partido buscando cargito, o simplemente un político bienintencionado pero muy alejado de la realidad que hoy es Cangas, incapaz de poder ofrecer un futuro que los cangueses y canguesas reclamamos a nuestros políticos.

De todos éstos sabemos lo que han hecho y sabemos lo que pueden, si les dejamos, hacer, y sinceramente, en unos casos da miedo y en otros hasta risa. Pero están ahí y parece que a Muiñeira eso no le inquieta. Se asusta por la presencia de un candidato nuevo. Cualquiera diría que lo que en realidad le preocupa es que Héctor Otero sea capaz de demostrar, si le dejamos, que se puede hacer política de otra manera en Cangas, con transparencia, con seriedad y, sobre todo, pensando en el futuro de todos.
caronte el de onte
RE: HABERA CAMBIO DE PODER NA NOSA VILA?16-02-2007
caronte .. non serás Héctor Otero porque menuda publi que deixache
RE: HABERA CAMBIO DE PODER NA NOSA VILA?16-02-2007
jajajaj el segundo del alondras jajaajja, muy pronto habra sorpresas,dicen que es un satelite del presidente del alondras que a su vez es un satelite de "X". A esperar toca, pero la sorpresa esta garantizada cuando se resuelva la ecuacion.
manuel
RE: HABERA CAMBIO DE PODER NA NOSA VILA?16-02-2007
CARONTE: Asegúroche que non me dá medo ningún o chaval ese, o tal Héctor Otero (que ao mellor ata es ti mesmo). E non me dá medo, entre outras cousas porque eu non teño intereses no Concello, pero parece que ti sí. Se o rapas é de esquerdas realmente, ogallá saque un bó resultado, polo ben de todos.
De todos xeitos, o teu nome (Caronte) é o do conductor da barca de cadavres, co que non lle es un moi bo agoiro ao novo candidato.
En canto ás descalificacións que tentas facer dos outros políticos, ao tentar pintar como fracasados aos que non obtiveron grandes resultados até agora por non se ter "vendido" ás grandes siglas renunciando aos seus principios, demostra que tí, sexas quen sexas, sí que es un vantaxista e un aproveitado.

¡Avante a ACE!
MUIÑEIRA (do muiño de Fausto)
RE: HABERA CAMBIO DE PODER NA NOSA VILA?17-02-2007
Vaya, vaya, parece que sólo Mariano Abalo puede tener defensores de su causa. Si a cualquier otro se le ocurre explicar porque le parece bien este u otro candidato, resulta que es el propio candidato quien aquí se autoelogia. Muy objetivos, si señor. Yo no he sido tan mal pensado para creer que sea el propio Mariano quien aquí escribe y se autopromociona, y no entiendo muy bien porque sus defensores no tienen la misma deferencia para quienes opinamos cosas distintas. Pero no os preocupeis, hace mucho tiempo que en Cangas nos hemos acostumbrado a las maneras autoritarias de los seguidores de Abalo. Así como él parece haberse sosegado y moderado bastante, sus seguidores no parece que quieran seguirle en ese viaje.

Simplemente para información del prejuicioso Muiñeiro, "caronte" además de una de las divinidades de la mitología griega, es el nombre de un curioso satélite del planete Plutón que tiene la particularidad de rotar acompañándole y mostrándole siempre la misma cara. O sea, caronte no pierde de vista lo que pasa en su planeta y en mi caso, con vuestro permiso, mi planeta es Cangas.

Y muchas gracias por perdonarme la vida.

prohibido caronte
RE: HABERA CAMBIO DE PODER NA NOSA VILA?17-02-2007
muita risas manuelito, muitas risas, pero dame que aqui o unico satelite misterioso e especulativo es ti. seica que ser colaborador do equipo mais lonxevo da vila de Cangas e pecado e malicioso - o Alondras - por si non o sabes - con case 80 anos de existencia.-
por certo dame que ti de ecuacións tes muitisima idea, mais dame o corpo que desta vas levar un cate de collons, tempo o tempo honoris causa.
manuelito
RE: HABERA CAMBIO DE PODER NA NOSA VILA?17-02-2007
Por certo, ¿como quedou o Alondras? E ¿de que vai na clasificación? Estamos en terceira, ¿non?
ENTERAO
RE: HABERA CAMBIO DE PODER NA NOSA VILA?20-02-2007
Vaya, parece que Enterao disfruta de las derrotas del Alondrás. A eso se le llama hacer pueblo. Qué lacra tenemos en Cangas con estos personajes que se alegran cuando sus paisanos lo pasan mal.
caronte
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados