Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Full Article
Indispensables
Donde ...
Guia
CONCENTRACIóN O SáBADO 17 AS 18 HORAS10-02-2007
Haz click para ampliar As asociacións compoñentes do Foro Social de Cangas están a valorar a convocatoria dunha concentración o próximo sábado 17 de febreiro as 18 horas.

O motivo é expresar o rechazo a unha actuación xudicial de dúas velocidades: rápida contra os veciños e veciñas de Cangas acusados de delito de coaccións para paralizar as obras do porto deportivo, incluíndo a ameaza dunha actuación policial contundente, e lenta para todos os expedientes xudiciais e administrativos abertos contra os promotores do porto e a Autoridade Portuaria de Vigo, tendo como exemplos o prolongamento no tempo de mais de un ano da petición de paralización cautelar, a ralentización do expediente aberto pola Fiscalía de Medio Ambiente por indicios de delito contra a ordenación do territorio, falsidade documental e prevaricación (entre outros), ou a falla de resposta de Costas á petición de apertura de expediente de deslinde que clarifique o rexistro como propiedade privada dunha finca de dominio público marítimo terrestre.

Estanse a realizar contactos con asociacións interesadas na defensa do medio ambiente do ámbito galego para que se sumen a concentración e expresar xuntos o rechazo a un urbanismo destrutor que se atreve a saltarse as leis e presiona a xustiza, forzas do orden e medios de comunicación para conseguir os seus obxectivos.

Cangas a 10 de febreiro de 2007

FORO SOCIAL DE CANGAS
>> Ampliar datos foro social de Cangas


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: CONCENTRACIóN O SáBADO 17 AS 18 HORAS10-02-2007
Se hai concentración, eu estarei alí. O da xustiza xa era hai anos, pero agora aínda máis: UN CACHONDEO!
COCHENO
RE: CONCENTRACIóN O SáBADO 17 AS 18 HORAS11-02-2007
Que guapo el logo !!!
Gelines
RE: CONCENTRACIóN O SáBADO 17 AS 18 HORAS11-02-2007
hay que insistir hasta el final amigos
todos a massó
RE: CONCENTRACIóN O SáBADO 17 AS 18 HORAS11-02-2007
Incluir Botellon.
RE: CONCENTRACIóN O SáBADO 17 AS 18 HORAS12-02-2007
FORO SOCIAL, O POBO CONTIGO
k.m
RE: CONCENTRACIóN O SáBADO 17 AS 18 HORAS13-02-2007
alí estarei
kanjás
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados