Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
https://nursing-essay-writing.com/
Indispensables
Donde ...
Guia
BASTA DE ACCIDENTOS NO PORTO DE MARIN08-02-2007
Desde o Colectivo Nacionalista queremos amosar o noso pesar por este novo accidente con victimas mortais no Porto de Marin. Neste caso tiveron que sofrer as consecuencias dunhas condicións de traballo unhas persoas que abandonaron os seus fogares para gañarse a vida lonxe das suas familias.

Este é un accidente máis que se suma aos anteriores e que vai acrescentando o número de traballadores que perecen nestas instalacións portuarias, ven sexan en buques ou empresas en terra. Recentemente un veciño de Ardán, onte uns traballadores de indonesia e marrocos.

Até cando teremos que lamentar este tipo de sucesos en empresas que non velan pola seguridade dos seus traballadores, non hai máis que ver o barco onde suceron os feitos para darse conta que ese buque non está en condicións para desenvolver ningún tipo de actividade laboral.

Volvemos reiterar, como xa fixemos en casos anteriores, a nosa demanda e a demanda da sociedade para que se chegue ao fundo no esclarecimento das responsabilidades. Que non se quede no esquecemento do arquivo xudicial a investigación e depuración destes feitos.

As administracións responsábeis por velar pola seguranza laboral seguen sen actuar contra este terrorismo patronal permitindo que se traballe en condicións deplorábeis. Onde está a inspección de traballo? Cantos barcos como este hai nos nosos portos? Polo que se pode ver a simple vista hai moitos con bandeiras de conveniencia cheos de traballadores emigrantes que teñen que padecer situacións de explotación laboral que moitas veces son saldadas con accidentes.

Onde están os sindicatos que teñen que velar polas condicións dos traballadores? Eles teñen a capacidade e a obriga de denunciar a estas empresas que imcumplen as lexislación en materia de seguridade e hixiene.

Onde está a inspección de buques da Capitanía Marítima, responsábel da seguridade nos portos?

Moitas perguntas que quedan sen resposta e que lamentabelmente volveran a repetirse pola pasividade á hora de afrontar dunha forma serie e eficaz a lacra dos accidentes laborais.


Marin, 8 de febreiro de 2007.
>> Ampliar datos Colectivo Nacionalista de Marin


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados