Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Concellos
Indispensables
Donde ...
Guia
¿ DE QUE VAI ANA MARIA RIOS ?17-01-2007
Por si alguen non o sabe esta rapaza e a galega de Arcade que foi apresada fai uns meses en Cancun. Coñecida xa como a galega de Cancun e portada da revista interviu fai uns dias.

Resulta que a moza esta foi entrevistada pola voz de galicia e nunha das suas respostas, que por certo non ven a conto, fai referencia as mulleres de Cangas dicindo que tamen elas fan toples nas praias. E digo eu, ¿ Que carallo ten que ver o que fagamos as canguesas nas praias co que fixo ela ? E mais ainda ¿ Porque colle coma exemplo do toples nas praias as mulleres de Cangas ? ¿ E que en Arcade non o fan ? Non sei a vos pero dende logo a min molestoume que nos puxera coma exemplo.
Ahí vos vai a entrevista da Voz:

-¿Que lle contesta ao veciño que dixo que regalase unha rotonda ao pobo?

-Eu aproveiteime das miñas tetas, non do pobo. A que tiven que desnudar fun eu. ¿Cantas rapazas se poñen en toples nas praias de Cangas?

-¿Como vive a polémica?

-Non me enterei porque a pasada semana estiven pechada nun hotel de Madrid. Tiñamos presa por rematar o libro. Estará nas librarías o venres e presentareino o día 25 en El Corte Inglés de Vigo.

-¿Vai desvelar algo novo?

-Conto a historia na que me vin envolta con detalle. Falo de cousas que ninguén sabe.

-Por exemplo, ¿quen meteu as balas na súa maleta?

-Iso non o sei.

-¿Que opina do titular mexicano «A galega amosa as súas armas secretas»?

-Rinme moito. O 1 e 2 de febreiro estou invitada na exposición Fitur de Madrid no stand de Galicia e voume achegar ao posto de México para facer unha entrevista. Alí estará o cónsul español de Cancún, Javier Marañón, que é como o meu padriño.

-¿Que pensa el da pose?

-Pedín permiso primeiro á miña familia e logo a Javier, como se el fose o meu pai.

-¿E o seu home, Marcos?

-Está encantado e apoioume desde o principio.

-Disque gañou vostede ata 60.000 euros por posar.

-Eu non lle pregunto canto cobra vostede. En todo caso, os tiros van mal. Xa dei pagado ao avogado de México.

-¿Pedirá indemnización?

-Está en mans do letrado.

-Se xa está libre da débeda, ¿volverá á súa perruquería?

-Este mesmo fin de semana [Pamela intervén: «Máis te vale»]. Os pes non hai que sacalos da terra. O negocio é meu e podo compaxinalo con isto. Non digo non a nada.

-¿Que se sinte cando comparte programa en «Dolce Vita» co mozo da Obregón?

-Pensei por un momento: «¿Qué fago eu aquí?».

-¿E como valora ser unha moza de portada como Marta Sánchez ou Paula Vázquez?

-Paréceme incrible.

-¿Era o seu sono?

-É mentira. ¡A unha rapaza normal coma min como se lle ía pasar iso pola cabeza! De 200 fotos que me fixeron escolleron 18. É a primeira vez en 30 anos que a revista saca un especial. Eu nin o sabía.

-¿Son fotos retocadas?

-Se fose así, non sairía eu con estas unllas.

-¿Por que tanto éxito?

-Non mo explico; á xente gústalle o morbazo.

Canguesa


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: ¿ DE QUE VAI ANA MARIA RIOS ?18-01-2007
Este tema non é do morrazo, pero como é unha parida seguro que non cho borran. O que borran son outras cousas que fan pupita.
Zutabe
RE: ¿ DE QUE VAI ANA MARIA RIOS ?18-01-2007
Non e do Morrazo ? ¿ as mulleres de Cangas non son do Morrazo logo? Pois a min paresme que ten razon a queixarse cando a perruqueira fala das mulleres de Cangas, que fale das de Vijo se quere.
Lola
RE: ¿ DE QUE VAI ANA MARIA RIOS ?18-01-2007
esta tamén ven a chorar a Cangas......
e a nosa fama intergaláctica, cangas do bochechechon, as da movida,e tamen a praia de barra............¿ de que pensades de que se nos conoce no mundo? , ¿polo cruceiro de hio ?........
............non lle daría mais importancia, pero si asi nos mira ela , tamén o resto do do mundo pensará o mesmo.
cuiñocuiño
RE: ¿ DE QUE VAI ANA MARIA RIOS ?18-01-2007
...oes a todos, que esta neniña tan mal non o pasou de todo. Pois cando se via na televisión en Mexico, concretamente en Cancun, aparecia no Hotel Grand Oasis 5 *. Eu estiven alí, e a verdade que se pasa de calquer maneira, menos mal...
O Hotel e de luxo, e podovos dicir que costa unha pasta gansa...

¡A vivir del cuento que son dos dias!
Un de Moaña
RE: ¿ DE QUE VAI ANA MARIA RIOS ?18-01-2007
eu apoio a rapaza devido a que co soldo de perruqueira non se pode pagar a deveda do avogado,que aproveite,porque a van a criticar igual.Se ensina as tetas calquera mangante españolita non pasa nada pero como e daqui,montase a de dios.hipocritas.hay xente que e famosa por estar liada con calquer pinpin,e non pasa nada,seguimos comprando o pronto ou dez minutos.os que critican seguro que teñen a interviu na casa.fai ben,polo menos non rouba a ninguen.
exiliado en madrid
RE: ¿ DE QUE VAI ANA MARIA RIOS ?18-01-2007
e que carallo pasa si pon as mulleres de cangas como exemplo,eu pregunto:
-é algo malo facer top-less?
-acaso é mentira?
pois entonces so me queda unha explicación,a envexa que tanto nos caracteriza os españois e aínda máis aos galegos (así nos vai,menuda denuncia)
pepe das codias
RE: ¿ DE QUE VAI ANA MARIA RIOS ?18-01-2007
o que che pasa a ti nena,e que che gustaría ser ti a "chica interviu" por iso andades a ladrar xunto coas vellas de arcade jajajajaja
RE: ¿ DE QUE VAI ANA MARIA RIOS ?18-01-2007
A ver, eu non digo que me moleste que a rapaza esta aproveite a sua popularidade e que lle saque todos os cartos que poida, que eu faria o mesmo. O que me fode e que cando lle piden explicacións que non ten porque dalas, poña as mulleres de Cangas coma exemplo. ¿ Non podería decir mais xeralmente que todas as mulleres fan topless nas praias e ninguen di nada ? ¿ Porque se refire as mulleres de Cangas exactamente ? Non o entendo, a ver si vai ser unha especie de marketing viral para promocionar o turismo nas praias do Morrazo.
Canguesa
RE: ¿ DE QUE VAI ANA MARIA RIOS ?19-01-2007
zutabe si te jode tanto por lo que dices tu que en esta web se borran mensajes para que coño visitas la web tio siempre estas con la misma mierda tio, yo todos los mensajes que escribi en esta web nunca borraron ninguno, si hablas de las cosas con un poquito de respeto pienso yo que no se borra nada
oi!
RE: ¿ DE QUE VAI ANA MARIA RIOS ?19-01-2007
y que le quieres a zutabe? mira su nick que ya te lo dice todo. A mi tampoco me han borrado nunca nada . Este seguro que ha puesto en la web comunicados de los putos terroristas a los que defiende y despues le jode que se los borren, que tambien hay que tener jeta para quejarse.
Maria
RE: ¿ DE QUE VAI ANA MARIA RIOS ?19-01-2007
Eu flipo con vos, alguen se queixa e decides que e por envexa e vos quedades tan panchos. ¿ E que as mulleres de Cangas somos as unicas do mundo que non poñemos a parte de arriba na praia ?
manda carallo !!! Pois si a moza quere facer referencias hainas a montons ¿ e que tiñamos que tomalo coma un agasallo ?
Lola
RE: ¿ DE QUE VAI ANA MARIA RIOS ?19-01-2007
María , eu non teño nada contra zuutabe nin contra tí, pero creo que cando falas dese modo despectivo dame que pensar, por que tan terrorista son eses que ti pensas , como moitos da dereita, por certo,encubertos nesta democracia. BSATA XA DE HIPÓCRITAS FASCISTAS
O CHE
RE: ¿ DE QUE VAI ANA MARIA RIOS ?19-01-2007
Xa tardaba en sair a palabra fascista neste tema igual que en todos.
Hai peña que ten moitos,pero que moitos complexos
un
RE: ¿ DE QUE VAI ANA MARIA RIOS ?19-01-2007
UN, acaso temos que volver a outros tempos para que non poidamos expresarnos en liberdade? Sei que moitos de vos estaríades cómodo con "eses tempos" eeeeeeh?
O CHE
RE: ¿ DE QUE VAI ANA MARIA RIOS ?19-01-2007
Eu penso que Ana Mª fala do top-less en Cangas, porque é donde ela o fai... ou por envexa lle gostaría facer...
Un de Moaña
RE: ¿ DE QUE VAI ANA MARIA RIOS ?19-01-2007
PARA CHE.
Claro que vos podedes expresar con liberdade,faltaría máis,pero con coherencia,porque sempre que un tema supera os 10 comentarios xa saen cousas que non veñen a conto e seguramente encaixrían ben en outros foros.
O que me gustaría saber a min é que teñen as palabras facha e fascista que tanto gustán utilizar por estes lares,porque aquí do que se fala é da tipa esta das fotos.
Un saudo,e eu non pretendo ofender a ninguén.
UN
RE: ¿ DE QUE VAI ANA MARIA RIOS ?20-01-2007
Un de moaña: "...oes a todos, que esta neniña tan mal non o pasou de todo. Pois cando se via na televisión en Mexico, concretamente en Cancun, aparecia no Hotel Grand Oasis 5 *. Eu estiven alí, e a verdade que se pasa de calquer maneira, menos mal...
O Hotel e de luxo, e podovos dicir que costa unha pasta gansa..."

Esas imaxes que miraches na tele no hotel Oasis foron despois de que saira da cadea de Cancun. O consul creo que é o dono desa cadea de hoteis e ela, mentres non puido sair do pais pasou os dias ali. Entendo que non sabes que estivo uns dias retida no carcere para dicir iso de que non o debeu pasar tan mal, porq. Que despois estivera aloxada nun hotel de 5* non significa que
Non quixera eu pisar ese carcere nin de visita.
RE: ¿ DE QUE VAI ANA MARIA RIOS ?20-01-2007
avnemaria purisima que che den baixate da burra que tes que peinar moito e esa portada pasa en dus dias
o mesmo
RE: ¿ DE QUE VAI ANA MARIA RIOS ?22-01-2007
Solo decir, que donde no hay no se puede buscar... el dinero cambia a cualquiera, pero realmente no creo que merezca ni que se hable de ella
Mery
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados