Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
Massasje oslo happy date tips homo
Indispensables
Donde ...
Guia
COA ALTERNATIVA CANGUEIRA DE ESQUERDAS15-01-2007
Por que é necesaria unha Alternativa para Cangas?


Se analizamos a situación política do Concello de Cangas nas duas últimas lexislaturas non cabe dúbida ningunha de que nos atoparemos cunha degradación da mesma evidenciada cada vez máis dende as dúas maiorías absolutas consecutivas do Partido Popular que, mesmo que “escasas” (por un concelleiro), lles permitiu desenvolver a súa típica política caciquil de primar intereses particulares por enriba do ben social e de deteriorar a propósito aspectos fundamentais como a participación cidadá nos asuntos municipais. José Enrique Sotelo, cunha política totalmente personalista levada adiante cun grupo de concelleiros/as aos que se lle esixe lealdade inquebrantable ao “xefe”, máis que preparación e eficiencia, foi consolidando as súas posicións e a súa función de defensor de determinados intereses espúreos de certos grupos económicos e políticos pasando por riba dos intereses xerais (cuestión que quedou evidenciada, por exemplo, na proposta de PXOM e nos chamados “convenios” urbanísticos). A súa idea para Cangas choca frontalmente cos intereses da maior parte da cidadanía ao situar como obxectivo estratéxico, non a mellora da economía, dos servizos e da calidade de vida dos cangueses e canguesas, senón o crecemento desmesurado e a costa do que sexa, dunha vila e unhas parroquias que corren serio risco de perder a súa propia identidade para se converteren en pretendidos barrios periféricos, cidade-dormitorio ou masificado e degradado destino turístico que nin sequera beneficia a economía do sector, senón os intereses de determinados grupos inmobiliarios.



No resto da actuación política do PP nestas lexislaturas consideramos que se caracterizou polo “ir tirando menos que máis” co que se viña facendo en determinadas áreas consideradas por eles como menores (cultura, servizos sociais, educación...) para centrar todos os seus esforzos na súa aposta estratéxica xa comentada. Iso conlevou a degradación ou mesmo a desaparición física de moitos órgaos de participación veciñal: Consellos sectoriais xa creados, Padroado de Patrimonio, etc. porque constituían órgaos molestos de actividade e de control que non podían ser manexados dende o poder. A “alerxia” do goberno municipal a todo o que sexa “participación veciñal” levou ao propio alcalde (e non unha vez nin dúas) a intentar descalificar a entidades ou asociacións que non comungaban coa súa política, a negar o uso de locais municipais para reunións, exposicións, etc. ou a chegar ao insulto persoal a quen ousou opórse nalgunha ocasión aos seus calculados, ainda que daniños, plans de actuación.

No tocante ao papel da chamada oposición municipal, non se pode facer unha análise rigorosa da súa actuación en conxunto, pois que esta nunca foi homoxénea nin se moveu sempre polos mesmos intereses.

O grupo máis numeroso da oposición nas dúas lexislaturas foi e é o do BNG (aínda que dunha á outra perdeu un concelleiro en favor do PSOE), pero o seu papel no Concello non se correspondeu nin se corresponde, ao noso entender, coa responsabilidade que iso conleva. Máis centrado en gañar posicións noutros terreos (entrar no goberno galego ou chegar a co-gobernar nas Deputacións, por exemplo), o bloque camiñou cada vez máis cara ao que poderiamos chamar “institucionalismo” nacional, provincial e municipal, o que queda de manifesto coa asunción de posturas “suaves” de oposición en temas fundamentais e o desenvolvemento pretendidamente “constructivo” dun labor de presentación de mocións menores e de marcado carácter puntual que, mesmo sendo positivas, non dan entrado de cheo en cuestións de fondo e polo tanto non chegan a incomodar realmente ao goberno mjnicipal. Se tivesemos que definir o traballo opositor do bloque nos últimos anos, usariamos sen dubidar estas palabras: “ambigüidade calculada”.

Do PSOE que podemos dicir que non se saiba? Cun grupo municipal reducido, a súa cabeza de lista quixo xogar sempre un papel intitucional positivo, de soporte pouco crítico do goberno, que os utilizou cando lles conviu (pensemos, por exemplo no Plan Xeral). Iso levounos, na lexislatura anterior, a posturas enfrontadas entre os dous concelleiros e nesta, a unha verdadeira deriva política (hai quen fala de intereses ocultos por detrás) que dembocou coa toma, por Lois Pena, do poder local dentro do partido. As consecuencias poden ser nefastas, se a organización non o remedia, e poñer en perigo mesmo a formación, na próxima lexislatura, dun goberno municipal multipartito.

Dentro deste panorama, correspondeulle á FPG o papel de oposición pura e dura dentro da Corporación, aliñándose cos grupos veciñais na defensa dos intereses comúns e desenmascarando en moitas ocasións as manobras do goberno. Pero o seu traballo, con ser inxente, estivo e segue a estar eivado en dous aspectos fundamentais, debido á presenza dun único concelleiro dese grupo, sobre vinteún do total. Unha das eivas é evidentemente numérica, xa que, a pesar da relación e o apoio doutros colectivos –e mesmo partidos extramunicipais, como EU- unha persoa non pode facer o traballo de moitas, nin estar en varios lugares ao mesmo tempo, nin estar ao tanto de todo o que acontece no Concello. A outra tamén ven derivada de ser un só, xa que as súas posicións, por moi lexítimas e mesmo maioritarias socialmente que sexan, poden ser presentadas interesadamente como “marxinais” e de simple “obstrucción”, para tentar crear unha imaxe negativa no conxunto da poboación ou, cando menos, na súa parte menos activa e informada.

Houbo, historicamente, outros grupos de esquerdas con representación nas distintas corporacións que xogaron papeis importantes no seu día, pero disitintos avatares políticos, escisións, separacións etc. acabaron coa súa presenza a pesar de que no seu conxunto, representan un número considerable de canguesas e cangueses: máis de 800, entre E.U. e o que foi EdeG, nas dúas últimas citas electorais.

QUE ALTERNATIVA É NECESARIA?

Da análise anterior despréndese a evidencia de que a situación actual pode perpetuarse e mesmo empeorar se non se crean as condicións precisas para lle dar pulo a unha alternativa diferente, unha alternativa plural que, unindo esforzos de organizacións e de persoas concienciadas, acade unha representación de peso na próxima corporación e poida desenvolver un papel principal, sexa nun hipotético goberno, sexa como oposición coherente e insobornable, cando o que nos estamos a xogar é, nin máis nin menos que o futuro do Municipio.

Esa alternativa precisa da aportación de todos os grupos de esquerdas (con presenza institucional e sen ela) que existen en Cangas e tamén de cantos máis mellor, colectivos e persoas individuais que veñen traballando nos distintos eidos que conforman a vida social: veciñais, culturais, educativos, de defensa do medio ambiente, da sanidade, da memoria histórica, etc...

A alternativa (que denominamos así mentres non teña un nome propio), debe ser construída tamén en base á participación aberta (sen máis cortapisas que a defensa dun programa común que se elabore e se asuma) á aportación de todos e cada un dos axentes que a conforman.

As bases da actuación política desa alternativa, á parte de estar cimentadas, como é evidente, na honradez, na transparencia e na capacidade (condicións irrenunciables de calquera representante da cidadanía), terán como sustento ese programa común que se propoña, se consensúe e se aprobe.

ALTERNATIVA CANGUESA DE ESQUERDAS

Frente PopularGalega (FPG) - Esquerda Unida (EU) - Partido Comunista do Povo Galego (PCPG) - Independentes de esquerdas

Comunismo ou caos


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: COA ALTERNATIVA CANGUEIRA DE ESQUERDAS15-01-2007
A por eles, hai que desbancar a esa panda de bandullos agradecidos que están a vivir da política como son os 3 partidos maioritarios.
Rober
RE: COA ALTERNATIVA CANGUEIRA DE ESQUERDAS15-01-2007
O bloque xa non representa a esquerda e quen pense en votalos por aquilo do voto útil estará a guindar co seu voto ó caldeiro do lixo. É moito mellor facer un investimento nunha proposta política que defenda verdadeiramente os intereses da cidadanía.
Kill Calique
RE: COA ALTERNATIVA CANGUEIRA DE ESQUERDAS15-01-2007
Con gente como vosotros, hasta me hago del P.P.
jorge
RE: COA ALTERNATIVA CANGUEIRA DE ESQUERDAS15-01-2007
E con xente coma vós viviremos sempre en precario.
Xi
RE: COA ALTERNATIVA CANGUEIRA DE ESQUERDAS15-01-2007
jorge, los que no estais de acuerdo manteneros al margen o formar una cuadrilla para hechar a los que están parando las obras, que sois unos retorcidos y unos retrógrados que no quereis entender que esa obra es ilegal por muchos factores incumpliendo las propias leyes que tenemos. Otra cosa es que se compren voluntades políticas y judiciales. Pero mira como no acaban de hechar a los vecinos de ahí que llevan más de un año.
SSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSS
RE: COA ALTERNATIVA CANGUEIRA DE ESQUERDAS15-01-2007
eu apoio esta alternativa, espero que saia adiante
cng
RE: COA ALTERNATIVA CANGUEIRA DE ESQUERDAS15-01-2007
Coa movida sempre!
viva a revolución
RE: COA ALTERNATIVA CANGUEIRA DE ESQUERDAS15-01-2007
Pero, Jorge, hijo: ¿Tú no eras ya del PP de toda la vida? ¿No me digas que ahora te me pasaste sin avisarme a uno desos del bipartito de la Xunta? ¡Me vas a matar a disgustos!
TU MAMÁ
RE: COA ALTERNATIVA CANGUEIRA DE ESQUERDAS16-01-2007
Coido que os grupos maioritarios non representan hoxe por hoxe ningunha garantía para os veciños de Cangas porque non hai máis que ver que están a facer clarita e todos eses.
Raúl
RE: COA ALTERNATIVA CANGUEIRA DE ESQUERDAS17-01-2007
en Bueu pasa máis do mesmo, moitas ideas na oposicion e despois cando teñen que gobernar son uns incompetentes todos, o problema está máis que claro, este partidos teñen q seguir as normas que lle ordenan dende Santiago ou Madrid indiferentemente das necesidades do pobo.
un calquera
RE: COA ALTERNATIVA CANGUEIRA DE ESQUERDAS17-01-2007
Xa vai sendo hora de presentarmos a candidatura e poñerse a traballar.
Esta alternativa pode abrir moitas esperanzas e vai ser crucial incluso estando na oposición.
Berto
RE: COA ALTERNATIVA CANGUEIRA DE ESQUERDAS17-01-2007
Abalo alcaldable, e alcalde podendo ser...
Hordas Marianistas
RE: COA ALTERNATIVA CANGUEIRA DE ESQUERDAS19-01-2007
Paréceme moi acertada a análise que veñen de realizar os denunciantes. É unha crítica profunda ós tres grandes partidos que demostran a diario a súa inutilidade e que Cangas máis ca nunca precisa un troco, un cambio real cunha aposta clara pola esquerda. E só unha forzas progresistas como as que se alian en ACE van ser quen de dar solucións ós problemas e as necesidades da nosa vila. Eu aposto por eles.
Bolxevique
RE: COA ALTERNATIVA CANGUEIRA DE ESQUERDAS22-01-2007
a ver se co partido de Nardito lle quitan votos ó PP e tiramos a sotelo daí dunha puta vez. polo demais sería bo que a alternativa de esquerdas tivese unha forte presenza. hai que facer unha campaña intensiva e poñer ós social-demócratas e á dereita no seu sitio.
Balbino
RE: COA ALTERNATIVA CANGUEIRA DE ESQUERDAS22-01-2007
Bueno, al menos en esta ocasión no se tiraran a la basura los votos de IU y de Pazos, sea cual fuere su invento electoral, Esquerda Galega, Esquerda de Galicia, Independientes de Cangas, del Morrazo, de Galicia o del Universo....

Por una vez, los grupúsculos más radicalizados de la izquierda unirán fuerzas y dejarán a un lado sus personalismos que han permitido al PP gobernar durante demasiados años en Cangas.

Claro que ahora vendrá la pelea por entrar en el Concello. Tienen uno fijo por méritos propios, Mariano Abalo, y pueden conseguir con facilidad el segundo con la suma de los poquitos votos de IU y de Pazos a la organización más potente de esta Alternativa que es, sin duda alguna Mariano Abalo y su gente. ¿Quién se asegurará el segundo puesto? El irascible, cabezón e irracional Sangabriel o el pedante, engreído e insoportable Pazos. ¿Habrá sangre? No olvidemos que los seguidores de Sangabriel son más de imponer las cosas por la razón de la fuerza, mientras que la gente de Pazos, más apacible, serena e pseudointelectual son más de vencer por aburrimiento.
caronte
RE: COA ALTERNATIVA CANGUEIRA DE ESQUERDAS22-01-2007
O sea, que de los tres líderes de esta asociación resulta que; uno es irascible, cabezón, e irracional; el segundo pedante, engreído e insoportable; y el tercero apacible, sereno y pseudointelectual.

Si no fuera que como dijo Marcel Proust en En Busca del tiempo perdido, "los pedantes son los que en vez de usar un sustantivo optan por tres adjetivos". Una lástima que este escritor no leyese el faro de Vigo, y de que para analizar la vida política de Cangas no haga falta insultar.

Martin Amis
RE: COA ALTERNATIVA CANGUEIRA DE ESQUERDAS22-01-2007
¿Te enseñaron a leer?
caronte
RE: COA ALTERNATIVA CANGUEIRA DE ESQUERDAS22-01-2007
Jo, ya me acuerdo¡¡, Caronte fue el que dijo en este foro que "algunos tenían derecho a votar" pese a no entender un artículo en el Faro criticando a Sotelo. ¡Ay! y pensar que el sufragio universal es libre, igual, directo y secreto. Por lo tanto incluye a los analfabetos.

Martin Amis, el de verdad, es escritor y políticamente incorrecto, muy crítico con las izquierdas, y las economías neoliberales. Pero no descalifica, a fin de cuentas alguien tiene que gobernar y en Cangas esto es lo que hay.
Martin Amis
RE: COA ALTERNATIVA CANGUEIRA DE ESQUERDAS23-01-2007
A ver si este ano no morrazo triunfa todalas candidaturas que non sean as das tes forzas de sempre (bng,pp,psoe) porque con estes tres sempre é a mesma merda de sempre.
un mais
RE: COA ALTERNATIVA CANGUEIRA DE ESQUERDAS23-01-2007
Discrepo co que sostén que nas municipais se poden quitar dous concelleiros con esta alternativa. Eu son máis ambicioso pero non de xeito gratuíto. Lembremos que a FPG nos nateriores comicios non sacou dous concelleiros por uns poucos votos e debido á inxusta lei de Hont, esa lei electoral que foi feita pra eliminar ós partidos que están a marxe das maiorías. Lembremos que a FPG amosou e está a amosar unha tendencia á alta e que cada vez ten máis apoio da xuventude. E ó ir en coalición cos outros pódense tirar máis de dous concelleiros e iso vai a facer pupita.
Stalinista 100%
RE: COA ALTERNATIVA CANGUEIRA DE ESQUERDAS23-01-2007
alternativa cagadeira de esquerdas, toda una mierda.
errata
RE: COA ALTERNATIVA CANGUEIRA DE ESQUERDAS23-01-2007
Polo que se ve, esta candidatura vai facer moita pupa, cando xente como Caronte (Pechoe) ou Errata (?) tentan soltar esterco sobre ela. Pero o esterco fai medrar as colleitas e estou seguro que a colleita da ACE vai ser farturenta polo ben de Cangas.
E dame o mesmo quen vaia de primeiro/a de segundo/a ou de vinteún /unha. O importante son as ideas, non as persoas.

P.D.- Das forzas que integran a candidatura, só unha vez votei á extinta Esquerda Galega. Sempre votei outras opcións por "utilidade", pero desta vez téñoo claro: o "voto útil" é que a Alternativa saque catro ou cinco concellais. A ver quen queda co cú ao aire despois.
COCHENO
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados