Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
read more
Indispensables
Donde ...
Guia
O CONSTRUCTOR-SALVADOR16-12-2006
Desde logo lendo a prensa local un ás veces mexa da risa. O novo adalide da política moañesa, ese home que leva un ano soltando parvadas diarias no faro de vigo, criticando continuamente o goberno tripartito..ese vai salvar agora a Moaña. Permítese dicir que os tres anos de goberno son "lamentables", e dende logo houbo e haberá moitos erros e problemas, iso seguro, pero eu pregúntome, ¿nos catro anos en que gobernaron eles con barreiro coma alcalde e coa deputación do seu lado, que fixeron estes tipos por Moaña? ¿Tapar catro buratos con pichi, botar abaixo o presuposto para a piscina municipal? ¿Qué maís fixeron? E ahora ven este constructor-deputado, que leva catro días en política a salvarnos. En fin...mentres non faga un massó 2 todo irá ben. En canto ó Gestido, menudo gicho, iso de ir cambiando de partido, que si PP, que si Apom, que si PP de volta. ¿De qué van el e máis o Trigo? ¿Non lles dará vergoña polos seus electores ou a estes dalles igual oito que oitenta? Hai que ser consecuentes home, e si fácedes un novo partido e tedes dous representantes, non reculedes agora por querer máis poder. En canto a Louzán, que non diga que non hai revanchismos, porque de todo se entera un, e sabemos como se distribuen as subvencións e que van a ollíño, que máis de un alcalde aparece pola deputación a pedir pola jeta que lle aproben as cousas solo por ser da mesma cor política.
moaña


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: O CONSTRUCTOR-SALVADOR17-12-2006
Pero a quen carallo poñen estes do P.P de candidato? Ese home sacou sequera o E.X.B? Deus nos colla confesados se este home chega a alcaldía, Sotelo 2. E Trigo? ese outro gran home que renega do seu idioma, que cambia o nome de O Palito por "El Palito". Manda carallo,e isto son políticos?
O CHE
RE: O CONSTRUCTOR-SALVADOR17-12-2006
Que gracia me fai que agora van a integrar "o rural" na gran "metropole moañesa", esa foiche bóa, xa descubren as cartas antes de comezar a xogar, ¿a que se refire con iso? ¿Van facer edificios dende o Rosal ata Berducedo e San Lourenzo? ¿Van recalificar terreos a esgalla para que poidan facer edificios en Meira de Arriba? ou directamente vai ser el o promotor "salvador" que urbanice todo canto lle salga das pelotas. A ver cal e o concepto de integrar o rural.
un do rural
RE: O CONSTRUCTOR-SALVADOR18-12-2006
Dende logo, lendo as declaracións deste personaxe, dá a impresión de que o seu partido creouse onte e non ten responsabilidade ningunha nas carencias de Moaña (que son moitas). El, ata agora andaba ao seu (e segue) e non se enterou que o PP gobernou Moaña con "maioría absoluta", e a Xunta (idem) e a Deputación (idem, idem)...
U-las as súas obras?

Con todos os respectos á súa persoa, politicamente este home non dá a "talla" en ningún sentido. Que pecado bíblico teremos cometido as moañesas e moañeses para merecermos "isto"?
AMEIXOADA INDEPENDENTE.
RE: O CONSTRUCTOR-SALVADOR18-12-2006
Ameixoada, o pecado debe ser moi grande porque si miras a alternativa socialista en moaña e cangas para confrontarse nas próximas eleccións a estes individuos...dan ganas de chorar, e chorar, e chorar.....
MOAÑA
RE: O CONSTRUCTOR-SALVADOR18-12-2006
este Fervenza ,baixo o meu punto de vista nin tan siquera e un bó orador, no seu discurso de benbida o partido en moaña, fai xa disto un tempo, durou 1 minuto........e xa se fai aburrido todo´los dias con noticias feitas na prensa ,.Bueno en fin este home resume o panora politico do pp na maioria dos povos, constructor ,pasta , manipulable internamente por carecer dunha base ,e non mo quero imaxinar no poder...puuufffffff....dan medo.....
A pregunta que me fago é...¿como e posible que para entrenar un equipo de futbol,necesites ter uns estudios etc,etc, Y para gobernar un pobo non faga absolutamente nada?
un do rosal(moaña)
RE: O CONSTRUCTOR-SALVADOR18-12-2006
Permíteme que te corrixa cariñosamente, Un do Rosal. Para adestrar un equpo de fútbol fai falta un carné de adestrador... Para gobernar un pobo é preciso algo moito máis importante: VOTOS.

Outra cousa é que algunhas, algúns, vaian votar como quen vai á feira... a ver que pasa.

Cando todas/os lle deamos a importancia real que ten o exercizo do voto a cousa vai cambiar moito.
Eu só espero que sexa máis cedo que tarde.
AMEIXOADA INDEPENDENTE
RE: O CONSTRUCTOR-SALVADOR18-12-2006
Moaña:
Do PSOE do Morrazo non falo porque cada vez que penso neles encho a almofada de bágoas. E con este tempo de chuvias... cólleme unha humedá que non hai quen a seque!
AMEIXOADA IND.
RE: O CONSTRUCTOR-SALVADOR21-12-2006
ameixoada independente, loxicamente os votos meten e sacan politicos......pero que sexan politicos non mendrugos.....e os mendrugos nombrannos os partidos buscando rédito electoral,sen importarlle un caralloo que o jicho non teña nin puta idea, (como e conocido e esta na asociacion de tal xa lle vale) e despois pasa o que pasa .....non veñas ti de democrata agora a explicarme que fai falla para ser politico ,que por ahi non iban os tipos chavalote...
un do rosal
RE: O CONSTRUCTOR-SALVADOR21-12-2006
Para UN DO ROSAL:
¡Chavalota, querido, chavalota!
Eu non vou de demócrata. Eu son demócrata. Tanto que respecto todas as opinións. mesmo dos que semellan non entender.
Imos ver: os votos son os que validan aos políticos/as. ¿E quen os pon nas listas segundo ti? Os partdos. ¡De acordo! Pero se poñen a tarugos/as a solución é tan doada que a vé calquera: NON VOTALOS/AS.
¿Ou tí es dos que votan siglas e non persoas?
Pois entón a cambiar, que sempre se está a tempo.
¡Un bico!
AMEIXOADA INDEPENDENTE
RE: O CONSTRUCTOR-SALVADOR22-12-2006
AMEIXOADA INDEPENDENTE,baixo o teu criterio a solucion e non ir votar ou non botalos ?pareceme que ainda non te diche por enterado ,non e un problema de siglas nin de nada,simplemente e que calquera PODE SER POILITICO sen nece sidade de saber de nada en concreto ,e en calquera partido ,que parece que non te enteras , tanto seas do pp,do soe ou do bng , non se necesita acreditar nada , ti te pos e listo , hasta valdrias ti que non te estas enterando do que che estou contando dende fai uns dias ,estas empeñado en encasillar a xente e non e asi,dende o primeiro momento sempre tentei decir esto pero para a xente da meixoada debe de ser complicado.........sintono ,,,,,,e presentate.....nas proximas.......vouche cantar unha cancion que decia ......os da meixoada ...vam co lejon o lombo .....van de veija en veija .........chiao campeóm.......
UN DO ROSAL
RE: O CONSTRUCTOR-SALVADOR22-12-2006
As da ameixoada tamén fomos á escola e aprendemos a ler. Quen non te enteras es ti, campeón! ¿Serán os aires da urbanización?
Cada partido presenta a súa lista (con tarugos ou sen eles)., e logo ti votas a quen queiras (por taruguez, por siglas, por simpatía, porque tes unha prima dentro)... e fin, polo que che dea a gana. E senón non votes, que a min tanto me ten.
Pero aos tarugos/as no Concello poñémolos nós cos nosos votos, non quen os mete na lista... Que as listas non sacan concellais elas soas... Listo!

P.D.- Por certo... ¿por que te empeñas en tratarme en masculino se eu escribo en feminino? ¿Tamén a ti che custa entender que as mulleres razoemos? Un bico
AMEIXOADA INDEPENDENTE
RE: O CONSTRUCTOR-SALVADOR23-12-2006
Cada día jústame máis como vos tratades, paresdes un matrimonio de con veniensia
O CHE
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados