Delmorrazo.com
Conectate al Morrazo
https://takjapan.com/
Indispensables
Donde ...
Guia
CANGAS CON ALTERNATIVA, TODOS CON ALTERNATIVA CANGUESA DE ESQUERDAS15-12-2006
Nin máis nin menos. Lle pese a quen lle pese...
CANGUES


COMENTARIOS A ESTA DENUNCIA

RE: CANGAS CON ALTERNATIVA, TODOS CON ALTERNATIVA CANGUESA DE ESQUERDAS15-12-2006
Hoxe en Massó, estaban os obreiros da presunta "obra" do porto deportivo botando nasas, de furtivos; chamouse ao vixiante da confraría, que veu pero non conseguiu collelos no momento de botalas ó mar. Isto é normal? os que veñen cos camións cheos de pedra tódolos días para joder o mar, jodendo as nécoras que crían onde queren aterrar, de furtivos? Parece que estanse rindo de nos. Fora calique, esbirro dos Alvariños, Cuíñas e Caballeros que miran Cangas como unha delicatessen para meter no bocho.
xa esta ben!
RE: CANGAS CON ALTERNATIVA, TODOS CON ALTERNATIVA CANGUESA DE ESQUERDAS16-12-2006
Tamén ,canto rollo por catro nécoras.
RE: CANGAS CON ALTERNATIVA, TODOS CON ALTERNATIVA CANGUESA DE ESQUERDAS16-12-2006
eu persoalmente espero que isto saia adiante
maruxa
RE: CANGAS CON ALTERNATIVA, TODOS CON ALTERNATIVA CANGUESA DE ESQUERDAS16-12-2006
Unha Alternativa de Esquerdas que une votos que ata o de agora ía por separado non pode ser máis que saudada con alegría. Eu, a verdade, nunca ata agora votara por eles nas Municipais precisamente por esa división (teño votado nas autonómicas a Esquerda Galega -hai moitos anos- e en algunhas xerais a EU).
Pero agora téñoo claro. A xente de esquerdas votamos á esquerda (a dereita sempre vota aos seus) e polo tanto imos estar coa ALTERNATIVA.

Moitas cousas van cambiar en Cangas. Estou seguro
UN DE COIRO
RE: CANGAS CON ALTERNATIVA, TODOS CON ALTERNATIVA CANGUESA DE ESQUERDAS17-12-2006
Ánimo cangueses, sodes a esperanza da esquerda no Morrazo, en Moaña o temos dificil, e non precisamente por que a dereita sexa moi lista, se non por que a xente gustalle moito este xogo da especulación, e onde miran posibilidade de enriquecese (importándolle o demais) volvense tolos
O CHE
RE: CANGAS CON ALTERNATIVA, TODOS CON ALTERNATIVA CANGUESA DE ESQUERDAS18-12-2006
Estiven de espectador -espectante- na asamblea de presentación da "Alternativa" e asegúrovos que non saín defraudado.
O que alí escoitei aos que falaron é o que levo moito tempo queréndolle oír aos políticos locais. Seriedade, honradez, ilusión e voz e voto á cidadanía.
Había moitos anos (dende a transición) que non me sentía tan a gusto nun acto político.
¡Contade comigo e coa ilusión que poida poñer á vosa disposición!
Adiante a Alternativa Canguesa de Esquerdas.
Por sorte, e con vós, Cangas ten presente, e sobre todo futuro.
COCHENO
RE: CANGAS CON ALTERNATIVA, TODOS CON ALTERNATIVA CANGUESA DE ESQUERDAS19-12-2006
Con esta alternativa o interés do pobo traballador está a salvo. Vaia ou non Mariano de número 1, que coido que debe de ir, a política obreira está máis que garantida.
Lenin returns
RE: CANGAS CON ALTERNATIVA, TODOS CON ALTERNATIVA CANGUESA DE ESQUERDAS19-12-2006
É o que facía falta pra que o que queren facer en urbanismo non prospere. O urbanismo é pra tratar dun xeito racional e non facer do concello unha axencia inmobiliaria.
H.M.
RE: CANGAS CON ALTERNATIVA, TODOS CON ALTERNATIVA CANGUESA DE ESQUERDAS19-12-2006
a mi lo que me sorprendió es que no sacaran foto en la prensa del publico asistente a la presentación, bien se ve que no les molo que la casa de la cultura estuviese bien concurrida.
Tonecho
RE: CANGAS CON ALTERNATIVA, TODOS CON ALTERNATIVA CANGUESA DE ESQUERDAS19-12-2006
Penso que había que ir dando a coñecer as listas xa, para que a xente vaia coñecendo a candidatura. Ten que haber presenza xuvenil a parte dos históricos, e a poder ser concienciados e con cultura xa non política, senon máis ben revolucionaria directamente.
Calros
TI QUE PENSAS? A TúA OPINIóN TAMéN é IMPORTANTE19-12-2006
DEZ PUNTOS PARA UN CANGAS MELLOR
PROGRAMA BASE DA CANDIDATURA
ALTERNATIVA CANGUESA DE ESQUERDAS

1.- O POBO TEN VOTO, O POBO TEN VOZ E PARTICIPA.
Desenvolvemento dunha democracia real e participativa. Loita contra todo tipo de corrupción e especulación. Posta en funcionamento do equipo humano do Concello sen favoritismos nin amiguismos. Cuestionamento da financiación municipal. O Concello como ponte entre os cidadáns e as demais Administracións. Xestión económica transparente. Aplicación da Axenda 21 e o seu esquema participativo. Participación regulada e real das Parroquias na solución dos problemas. Colaboración activa coas Comunidades Veciñais e de Montes.

2.- DEFENSA IRRENUNCIABLE DOS SECTORES PRODUCTIVOS.
Atención prioritaria ao traballo e á explotación dos recursos do municipio: atención prioritaria á pesca, marisqueo e recursos mariños; creación inmediata de terreo industrial e de servizos; potenciación da viticultura, cultivos ecolóxicos e explotacións forestais sustentables; plan estratéxico por un turismo de calidade, de natureza e cultura; construción de calidade e respectuosa co entorno, incentivos á rehabilitación. Plan estratéxico de formación profesional acorde coas necesidades reais. Planificación participativa e creación dunha plataforma de promoción municipal de actividades económicas.

3.- POR UN URBANISMO SUSTENTABLE.
Elaboración dun PXOM participativo ao servizo do vecindario da vila e das parroquias e non da especulación inmobiliaria.
Consello Sectorial de Urbanismo democrático e de carácter vinculante. Xestión controlada por este Organismo e non polos intereses das grandes promotoras.
Cumprimento riguroso da legalide. Dotación de áreas verdes conforme á lei. Preservación da paisaxe. Harmonía edificatoria e eliminación de barreiras urbanísticas.
Mantemento e mellora da identidade urbanística.

4.- SERVIZOS PÚBLICOS DE CALIDADE.
Potenciación dos servizos públicos: Municipalización e non privatizacións. Control do gasto e atención igualitaria coas parroquias e zonas máis abandonadas. Potenciación dos transportes colectivos. Creación de aparcamentos con conexión aos transportes públicos e limitación no acceso de coches ás praias no verán. Peonalización de núcleos. Redes Wifi colectivas. Captación e acumulación de augas para evitar a total dependencia de Vigo. Política de residuos coas tres R: reducción, reutilización e reciclaxe.

5.- A SAÚDE É FUNDAMENTAL.
Hospital Comarcal para o Morrazo e esixencia de melloras sanitarias en xeral. Importancia da prevención. Mellora da rede de saneamento e depuración. Planificación de posibles novas depuradoras. Control do "garrafón" nos establecementos hosteleiros. Control das emisións electromagnéticas. Plans de atención a discapacitados e doentes crónicos.

6.- APOSTA DECIDIDA POLA COMARCA.
Potenciación da Mancomunidade para prestar servizos comarcais. A Área Metropolitana non pode substituír a esta, a non ser na prestación de servizos concretos supracomarcais (áreas de sanidade, reciclaxe de rsíduos, potenciación do transporte público por terra e por mar). Non cesión de competencias clave (por exemplo, urbanismo, políticas medioambientais, etc.)

7.- POTENCIACIÓN DO ENSINO PÚBLICO: A EDUCACIÓN É PRIORITARIA.
Programa de atención, mellora e promoción dos Centros Públicos de Ensino. Colaboración en programas de apoio a comedores, actividades extraescolares, dotación de material, mantemento e mellora dos centros, etc.

8.- ATENCIÓN ESPECIAL AOS BENS COMÚNS DA CULTURA E O PATRIMONIO:
Defensa do Patrimonio natural, paisaxístico e sociocultural. Non as agresións medioambientais (recheos, desforestacións, especies invasoras, degradación do patrimonio, agresións aos cursos de augas, á paisaxe, chabolismo na costa, etc.). Atención especial a espazos da Rede Natura 2000 e espazos naturais protexidos (Carballal de Coiro, costa entre Punta Balea e Nerga...). Apertura dunha oficina do Parque Nacional das Illas Atlánticas e defensa da inclusión no mesmo da Costa da Vela e dos dunares de Nerga-Barra. Promoción das enerxías sustentables e respectuosas co entorno.
Potenciación da Cultura e das Artes como un ben público ao servizo de toda a cidadanía. Posta en valor de actividades tradicionais e patrimonio en estado de abandono.

9.- A COHESIÓN SOCIAL: UN GRAN OBXECTIVO.
Desenvolvemento de iniciativas de cohesión social, con atención ás persoas e colectivos máis desfavorecidos.
Políticas concretas e decididas na defensa dos dereitos das mulleres, da mocedade, dos colectivos de inmigrantes, etc.
Servizos públicos de calidade accesibles a toda a poboación.

10.- A VIVENDA É UN DEREITO BÁSICO DE TODOS/AS
Política de vivendas de promoción pública seria, realista, clara e planificada, que beneficie aos sectores máis desfavorecidos e con máis necesidades.
RE: CANGAS CON ALTERNATIVA, TODOS CON ALTERNATIVA CANGUESA DE ESQUERDAS19-12-2006
Xa quixera eu que en Moaña alguén asumira integramente estes dez puntos.
En principio sospeito que me vou ter que conformar con quen máis se aproxime.
De todos xeitos, e aínda defendendo a transparencia e a participación "a tope", non sei eu se facedes ben en facelos públicos con tanta anticipación (fóra da asemblea, quero dicir)...
¡Hai moito copión/a e aproveitado/a solto/a que con tal de quedar ben non lle importa prometer o que sexa...

¡Sería cachondo, despois da experiencia destes anos, que PP, PSOE e BNG defendesen agora os puntos do voso programa!
AMEIXOADA INDEPENDENTE
RE: CANGAS CON ALTERNATIVA, TODOS CON ALTERNATIVA CANGUESA DE ESQUERDAS21-12-2006
TOREROSSS.....o Novilleros, que quereis tomar la ALTERNATIVA.Eso es lo que sois, pero ojo, el diestro "Mariano" es de izquierdas y en la izquierda hay mucho facha renegado intransigente y disfrazado. Os deseo suerte a la hora de matar, a ver si podeis levantar las orejas como al pueblo de Cangas.
outrol
RE: CANGAS CON ALTERNATIVA, TODOS CON ALTERNATIVA CANGUESA DE ESQUERDAS29-12-2006
Vaia, apareceuselles o espiritú santo de Pazos e Manito e fixeron un caldo do que so van a comer unha taza...¿quen será o afortunado si son maís organizacións que personas nesta alternativa?. O de sempre, e como se van quedar na estacada, veremos quen paga os gastos e como respetan o resultado das votacións democraticas que estos sonche moi alternativos ata no respeto....Ji ji ji
Diske din
RE: CANGAS CON ALTERNATIVA, TODOS CON ALTERNATIVA CANGUESA DE ESQUERDAS29-12-2006
Ao DISKE este de arriba xa lle treme o cú e empeza con descalificacións que ben o retratan. Este elemento é un "aspirante" a "chollito" por parte pchoe ou beneguai que ve peligrar o seu caldiño e responde con risiña nervosa. Ti empeza a rir xa machiño, que a cagaleira que che vai dar en maio vai ser sonada.
E non te preocupes polos gastos dos demais, que a ti seguro que non che van pedir nada. ¡Abur!
BOUBETA
1
    Añade delmorrazo.com a favoritos   Añadir a favoritos         delmorrazo.com como página de inicio    Página de inicio           Imprimir esta web    Imprimir
       Agrega tu enlace a delmorrazo.com      Agregar link        Sobre la edición de este sitio    Edición        Contacta con nosotros    Contacta
delmorrazo.com © Todos los derechos reservados